PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna).- En maio do pasado ano, na campaña das municipais do 2007, o PP de Pontearas anunciaba na prensa a próxima construcción da fonte luminosa na Praza do Axente Comercial. Dende aquela, no lugar previsto para a fonte, atópase un cartel publicitario anunciando a próxima construcción; despois de 17 meses, o cartel xa vai deteriorado e no lugar non se fixo nada.
A información recabada polo Deputado Provincial do BNG, pola comarca do Condado, Gabriel Martínez, permitiu confirmar que a Deputación realizou, hai varios meses, o pago ao Concello de Ponteareas de 60.099,99 euros, en concepto de “Remodelación da Glorieta do Axente Comercial”. Diante desta grave irregularidade, Gabriel Martínez manifestou hoxe que: “no vindeiro Pleno da Deputación Provincial, o Presidente, Rafael Louzán terá que responder por un feito tan grave coma este, de pagar unha obra da que non se realizou absolutamente nada”. Martínez interrogará sobre, ¿quén certificou a obra?, ¿quén autorizou o pago da misma?, etc.etc
Pola sua parte, Bolívar González, Portavoz do BNG de Ponteareas, manifestou que solicitarán explicacións do Concelleiro de Vías e Obras, Sr. Novoa, así coma do Alcalde Sr. González Solla, no pleno ordinario do presente mes, que se celebrará este xoves 25 ás 8 da tarde. Os nacionalistas consideran que "podemos estar diante dun caso de falsidade documental". Os gobernos do PP, tanto na Deputación coma no Concello teñen que dar explicacións desta "grave irregularidade de cobrar o Goberno Solla por unha obra non realizada".