29 septiembre 2008

MORRAZO-tribuna adianta todo o que cumpre saber sobre a nova ponte no rio Lérez


PONTEVEDRA ( MORRAZO-tribuna) .- A Nova ponte de acceso a Monteporreiro executarase co máximo respecto o medio ambiente, sen afectar o cauce do rio Lerez.
O pasado 23 de setembro publicouse o anuncio da información pública do estudio de impacto ambiental.
O proxecto constructivo está rematado a falta da incorporación das prescripcions froito do tramite ambiental.
O proxecto constructivo incorpora na sua lonxitude, un carril Bici
A obra estará rematada en marzo do 2010.

Notas adicionais:

O 30 de Novembro de 2007 o pleno da Deputación aprobou o Convenio de colaboración entre o Concello e a institución provincial, no que se recollían diversas actuacions a acometer no ámbito da cidade de Pontevedra.
No referente o proxecto da nueva estrada de conexión de Monteporreiro coa estrada de Campolameiro e a N-550, o convenio establecia que a sua execucion se levaría a efecto en duas fases:
- A primeira fase, entre a P0 -223 e a avenida de Bos Aires, se licitaría en 2008 polo sistema de concurso de proxecto e obra.
- A segunda, entre a PO – 223 e a N-550 ten prevista a súa licitación no vindeiro 2009, dacordo co convenio asinado no seu día.

Despois dos oportunos tramites de licitación e adxudicación do correspondente expediente, o pasado 9 de xullo de 2008, asinouse o correspondente contrato da obra entre a Deputación e a empresa adxudicataria: UTE SERCOYSA- TRAIMA, cun importe de execución por contrata de 4.639.493,03 € e unhas melloras comprometidas de 1.045.454,32 €
O contrato establecia que a UTE adxudicataria dispoñia de 45 dias para presentar a Administración o proxecto constructivo. Dentro do referido prazo o Contratista presentou a Deputación o proxecto constructivo e o correspondente estudio de impacto ambiental que é imprescindible tramitar co obxecto de cumplir a normativa vixente, o tratarse dunha estrada de novo trazado e afectar o mesmo a una zona incluida na rede natura.
No pleno da Deputación, celebrado o pasado 12 de setembro, aprobouse o Estudio de impacto ambiental do treito I, acordando a sua exposición o público por un periodo de trinta días, a contar dende a publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
O anuncio no DOG foi publicado o 23 de setembro de 2008, polo que o prazo remata o vindeiro 28 de outubro.
No estudio que está nestes intres, en información pública, se analizan todo-los impactos que a obra pode producir no entorno, plantexando as actuacions correctoras que é necesario implementar co obxecto de minimiza-los impactos e incluso facelos desaparecer. No estudio analizanse tanto os impactos da obra rematada, como os producidos pola execución da mesma.
Para a execución da obra está previsto aproveitar os camiños existentes nas marxes do rio e, no caso da marxe esquerda, executarase un camino de novo trazado que será reposto antes da finalización da obra.

O sistema constructivo consistirá na execución dos estribos e dos dous apoios sen tocar o cauce. As pilas inclinadas construiránse verticales para despois “abatirlas” ata a súa posición definitiva. Unha vez feitas as duas pilas en forma de “V”, construirase o taboleiro mediante unas “cimbras porticadas”, apoiadas nas propias pilas “en V”. A parte central do viaducto construirase cunha peza prefabricada colocada mediante duas gruas.
Deste xeito o resultado será una nova ponte de 180 metros de lonxitude con tres tramos: os dous tramos extremos situados a continuación dos estribos y sobre as pilas en forma de V (uno dos laterais da “V”, coincide co talud da marxe do rio ) e o treito central, que cuenta cun acartelamento. A luz libre entre apoios é de 110 mts.

O Presuposto do proxecto dividiuse en 7 capítulos que suman un presuposto de execución por contrata de 4.773.140,98 €, sobre o que el contratista realizou unha baixa de 133.647,95 €, é dicir a oferta económica ascende a 4.639.493,03 € .

Os capítulos teñen os seguintes importes:
Movimiento de tierras 123.641,21 €
Firmes y pavimentos 264.657,99 €
Cimentaciones 690.023,43 €
Estructuras 1.837.108,72 €
Instalaciones 149.310,08 €
Instalación alumbrado 54.653,30 €
Instalación protección 81.531,02 €
Instalación excav. Y drenaje 13.125,76 €
Varios 331.154,13 €
Seguridad y Salud 61.900.00 €

En resumen, a Nova ponte do rio Lerez, para acceso a Monteporreiro :
- Executarase co máximo respecto o entorno natural e as marxes do rio
- Permitirá xerar un novo eixo de comunicación no este da cidade de Pontevedra.
- Articulará un novo acceso das zonas norte e oeste hacia o complexo hospitalario.
- Poñerá en valor a zona pola que discorre o vial.
- Permitiá disponer dun carril bici e dunha senda peonil de uns 1000 mts.
- Quedará preparado para o seu desdoblamiento en caso necesario.
- En definitiva dotarase a cidade de Pontevedra dun novo vial, pensado para millorar as comunicacions da Provincia, que quedará integrado na paisaxe da parroquia de Lerez e do Barrio de Monteporreiro