PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A recente actualización da Hemeroteca da Deputación de Pontevedra ofrece ós cidadáns a posibilidade de consultar 430 títulos, 6771 exemplares e 65.179 artigos de publicacións periódicas, así como as coleccións completas do BOP (dende 1834), DOGA, BOE incluida a primixenia Gaceta de Madrid e os boletíns das Cortes e do Senado, e o Diario Oficial da Unión Europea (DOUE).
A Hemeroteca da institución provincial naceu como algo anexo á propia Biblioteca do centro. A Deputación adquireu en soporte microfilm toda a lexislación española e a Gaceta de Madrid dende 1711 e recentemente realizou un grande esforzo no baldeirado de sumarios de revistas e xornais, de xeito que hoxe están accesibles a través da base de datos.
Tódalas publicacións anteditas poden consultarse no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, no recentemente remodelado antigo Fogar Provincial, na rúa Padre Amoedo número 1, en Pontevedra. Os servizos que se ofrecen son lectura de datos en soporte microfilm, consulta de base de datos informatizada e do baldeirado dos sumarios das revistas e asistencia e consulta para a Administración Pública e os cidadáns, con respostas via fax ou correo electrónico.
Na páxina web da propia Deputación www.depontevedra.es poden consultarse as publicacións periódicas que se ofrecen, o catálogo en liña, as estatísticas, solicitude de artigos e publicacións oficiais.