MADRID (MORRAZO-tribuna).-O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, demandou esta mañá á Ministra de Ciencia e Innovación que se poña fin á política de continua suba das taxas académicas universitarias.
“O BNG ve con moita preocupación o constante incremento das taxas na Universidade, situación que na práctica supón un sistema de co-pago que carga sobre as rendas familiares o financiamento”, enfatizou Jorquera na súa intervención no Congreso despois de escoitar á Cristina Garmendia, quen comparecía na Cámara para falar da modernización do sistema universitario.
O parlamentar nacionalista explicou que para o BNG “é básico que no proceso de modernización do sistema universitario se faga respeitando o sistema público e a autonomía universitaria”. Tamén alertou á Ministra sobre os riscos de descargar “no financiamento privado porque a iniciativa privada segue os seus propios intereses”, e recalcou a importanza de “aumentar o financiamento público” para chegar ao obxectivo do 1,5% do PIB. “Pensamos que hai que facer un maior esforzo na dotación de fondos públicos”.
Ademáis doutras cuestións, Jorquera fixo especial fincapé no relativo á política idiomática. “Como forza nacionalista saberá da nosa sensibilidade e do noso compromiso coa normalización lingüística na Galiza”, por iso, o deputado do BNG preguntou á Cristina Garmendia “como ten previsto asegurar o coñecemento das dúas linguas, tanto entre o profesorado como no alunado galegofalante que ten o dereito a receber o ensino na súa lingua?”.
Na súa resposta ao BNG, a Ministra de Ciencia e Innovación defendeu a política sobre as taxas académicas e afirmou que “están vinculadas á suba do IPC”. Asemade, defendeu con entusiasmo a intervención do financiamento privado na Universidade. De feito, dixo que “é un dos aspeitos nos que temos que incidir máis. Os estudantes que entendan por que temos que procurar máis implicación da iniciativa privada”. E falou de incentivar a “potenciais mecenas”.