CERDEDO / PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, acudiu esta mañá ó concello de Cerdedo para asinar co seu alcalde, José Balseiros, o convenio de colaboración que vinculará as dúas institucións na construción do novo centro cultural, por importe total de 1.430.592 euros.
O conxunto, que comprenderá un edificio multisocial de dúas plantas, un auditorio de dos niveis con capacidade para 200 persoas e un Museo da Pedra, ocupará unha superficie aproximada de 1.388 metros cadrados, dispón tamén de acceso rodado pola rúa das Longas, de abastecemento de auga municipal, sumidoiro público e tendido eléctrico na súa fronte. A parcela non conta con ningunha servidume aparente.
Balseiros recoñeceu durante a sinatura do convenio que “esta actuación, que viñamos demandando desde hai tempo, é moi importante”. O alcalde referiuse ó proxecto como “moi ambicioso, polo que sería imposible para o concello acometer esta actuación sen a importante axuda da Deputación”.
Do importe total de 1.430.592 euros, a institución provincial aportará 1.262.310 euros, repartidos en tres anualidades: 548.830 euros en 2008, 384.181 euros en 2009 e 329.298 euros en 2010. O concello de Cerdedo, pola súa parte, abonará 168.282 euros, financiados en dúas anualidades de 84.709 euros e 83.572 euros en 2008 e 2009 respectivamente.
O alcalde apuntou que “este Centro Cultural, que virá substituír á antiga Casa dos Mestres, estará conformado por tres edificios. Deles, o Museo da Pedra será un espazo polivalente que acolla exposicións fixas e temporais. O edificio multisocial, na súa primeira planta, disporá dunha biblioteca que recollerá os máis de 6.000 libros que compoñen o fondo bibliográfico actualmente conservado na Casa dos Mestres, e contará tamén cunha área de novas tecnoloxías que servirá para instruír a mozos e maiores. Na súa segunda planta, haberá zona de reunións, aulas de formación e actividades e despachos”.
Louzán, pola súa banda, comentou que “este importante esforzo que realizan a Deputación e o Concello era necesario. Cerdedo necesita dunha serie de infraestruturas que dean servizos ós seus veciños. E este centro é algo polo que o alcalde levaba loitando tempo, por iso colaboramos na realización deste proxecto, que a bo seguro hai merecer o investimento”.
José Balseiros quixo agradecer a presenza do presidente da Deputación e recordou que “esta é a cuarta vez que nos visita en poucos meses, e cando o fai, nunca ven cos bolsillos baleiros. É un home cunha especial sensibilidade cos concellos pequenos, máis afectados pola crise actual, e, con iniciativas coma esta, consigue un reequilibrio territorial que é moi de agradecer, posto que dinamiza e potencia a municipios como Cerdedo”
Na actualidade, tense iniciado os traballos segundo o proxecto básico redactado en marzo de 2005 e o proxecto reformado de básico e de execución da primeira fase de setembro de 2005, así como do volume dunha construción executada polo concello, integrada no conxunto.
A actuación licitarase en novembro, adxudicarase antes de fin de ano e se espera que estea en funcionamento a partires de finais de 2009 ou comezos de 2010.