FORCAREI (MORRAZO-tribuna) .- O delegado de Deportes da Deputación de Pontevedra, José Enrique Sotelo, presentou esta mañá no concello de Forcarei, xunto co alcalde local, David Raposeiras, as Escolas Deportivas de Fútbol e Patinaxe que comezarán a desenvolverse este ano no municipio.
Sotelo explicou na presentación que “as Escolas Deportivas Provinciais son a resposta ó reto marcado polo Servizo de Deportes da Deputación Provincial de Pontevedra para promocionar os valores físicos e saudables do deporte na idade escolar e preparar así as demandas futuras do deporte na provincia.
“A creación destas Escolas Deportivas”, apuntou o delegado provincial de Deportes, “ten a súa orixe na necesidade de fomentar o deporte dende a base, impulsado así mesmo pola carencia de medios que se aprecian neste ámbito e especialmente nas zonas da nosa provincia onde os rapaces non contan cos medios necesarios para a práctica do deporte. Así xorde a idea do desenvolvemento de escolas específicas de distintos deportes, como é este caso o do fútbol e a patinaxe.
Neste senso, ambas administracións manifestaron a súa vontade de continuar traballando na creación de espazos de coordinación e colaboración en todas aquelas actividades e proxectos deportivos.
Os nenos poderán inscribirse a partir do vindeiro día 1 de outubro e ata o día 15 do mesmo mes. A Deputación de Pontevedra soporta todos os gastos relacionados coas Escolas (monitores, pavillóns, organización) polo que todas as Escolas Deportivas Provinciais son gratuítas para os participantes.