VIGO (MORRAZO-tribuna) .- As XVIII Xornadas de Filosofía centrarán esta nova edición no debate e análise da trioloxía que forman “Sociedade, economía e ideoloxía”, e que da nome as sesións de traballo que se desenvolverán do 14 ao 17 de outubro na Fundación Caixa Galicia. Este ano participarán nas xornadas destacadas figuras do pensamento contemporaneo como Aurelio Arteta, Manuel Atienza, Salvador Giner, Jesús Zamora, Jesús Mosterín, Emilio Llano de Espinosa, Fernando Vallespín e Xosé Luis Barreiro Rivas.
Avelino Muleiro, presidente da Fundación Aletheia, salientou que os tres conceptos que se seleccionaron para abordar esta edición das Xornadas “son fundamentais para centrar os problemas no ámbito da política, da socioloxía, da economía...” e de calquera ámbito da vida. Para abrir as sesións, Jesús Zamora Bonilla, impartirá unha conferencia que leva por título “Pero, ¿non ía acabar a ciencia coa relixión e coa ideoloxía?. Ao longo dos catro días das xornadas os diferentes ponentes abordarán cuestións como a situación das vítimas do terrorismo, a banalización da ideoloxía ou as novas dinámicas culturais.
O concelleiro de Cultura, Xesús López, destacou na presentación das xornadas a posibilidade que ofrecer a Fundación Aletheia “para seguir profundizando sobre tres cuestións tan importantes na nosa época”. O nacionalista quixo agradecer ao grupo Aletheia o feito de promover un foro no que o protagonista é o debate das ideas. Yolanda Díaz, como representante da Fundación Caixa Galicia, sinalou pola súa banda que a súa entidade vai seguir apostando e apoiando as iniciativas que se centran na aportacións de suxestións e ideas para o debate.
A inscrición as xornadas está aberta ao público desde hoxe e é gratuita. Os interesados poderanse anotar no enderezo electrónico xornadasaletheia@yahoo.es ou no apartado de correos 5350 de Vigo. Estas xornadas están homologadas con 20 horas pola Consellería de Educación.