PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A aportación prevista supera os 3,6 millóns de euros sufragados entre administración e particulares. Esta segunda fase só pendente da sinatura na comisión bilateral que habilitará as axudas comprende as anualidades 2009/2011
Ponse en marcha a segunda fase da Área de Rehabilitación Integral (ARI) de Estribela coa intervención en 69 vivendas, que se veñen a sumar ás 100 aprobadas na primeira fase. A Concellería de Vivenda, dirixida por Margarita Castejón, acaba de recibir a notificación da Xunta de Galicia para a actuación nestas vivendas incluidas dentro do denominado “obxectivos 2008”. O ARI de Estribela pretende a recuperación de máis de 480 vivendas e de espazos públicos que na actualidade están nunha situación moi precaria.
Ponse en marcha a segunda fase da Área de Rehabilitación Integral (ARI) de Estribela coa intervención en 69 vivendas, que se veñen a sumar ás 100 aprobadas na primeira fase. A Concellería de Vivenda, dirixida por Margarita Castejón, acaba de recibir a notificación da Xunta de Galicia para a actuación nestas vivendas incluidas dentro do denominado “obxectivos 2008”. O ARI de Estribela pretende a recuperación de máis de 480 vivendas e de espazos públicos que na actualidade están nunha situación moi precaria.
Esta segunda fase do ARI comprende as anualidades 2009/2011e ten un orzamento total de 3.295.026 euros para intervencións en vivendas (un total de 22 edificios), e 310.500 euros en infraestruturas e urbanizacións (espazos públicos).
Cabe recordar que foi o Concello de Pontevedra quen solicitou ante a Consellería de Vivenda da Xunta a declaración de Estribela como ARI polo súa progresiva degradación e pola necesidade dunha intervención que detivese o seu deterioro, propoñendo a rehabilitación de vivendas e edificios, así como as correspondentes urbanizacións ou reurbanizacións que levan parellas. O ARI de Estribela finánciase ao amparo do Plan estatal de vivenda do Ministerio de Vivienda e con fondos da Consellería, tamén participa o Concello e os particulares.
O pasado mes de novembro as tres administracións asinaron o acordo da comisión bilaterial que estableceu o financiamento da primeira fase. Próximamente reproducirase esa sinatura para por en marcha a segunda fase de rehabilitación. De feito está previsto que este mesmo luns, a Xunta de Goberno debata e dé o visto bo a segunda fase.
Segundo a proposta da Consellería de Vivenda algunhas das patoloxías que presentan os edificios son humidades por falta de aillamento e por deterioro de cubertas; deterioro de elementos estruturais, deterioro de canalizacións de auga, saneamento, electricidade, falla de iluminación e ventilación, deterioro de fachadas e cabados, falta de acondicionamento dos edificios para acceso a persoas maiores ou discapacitadas, entre outras.
Ademais, as intervencións no espazo público pretenden mellorar as condicións de accesibilidade e seguridade peonil, así como dotar e renovar de infraestrutura os servizos e pavimentos, instalando o mobiliario que fose necesario.
Para a concelleira Margarita Castejón o ARI de Estribela é unha prioridade, pola necesidade de sanear a zona dende o punto de vista urbanístico. O ARI é unha oportunidade única de facer chegar a este barrio a calidade de vida do que agora disfruta o centro urbano de Pontevedra. Esta é a filosofía que move a actuación da Concellería de Vivenda, que traballa arreo no asesoramento dos particulares residentes no barrio e dos propietarios, a quenes anima a solicitar a axudas.