01 octubre 2008

300 técnicos e gandeiros
nunhas xornadas en Mouriscade

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Finca de Mouriscade da Deputación de Pontevedra congregará mañá a máis de 280 gandeiros e técnicos do sector agrícola nas sétimas xornadas de Alimentación Animal. Estas xornadas, que se veñen organizando de forma ininterrompida dende o ano 2002, xa rexistraron nas edicións anteriores resultados altamente satisfactorios de participación e de coñecementos. As cifras deste ano, sen embargo, supoñen un teito considerable, superando amplamente as previsións.
As xornadas, que reunirán a técnicos de Galicia, León, Asturias, Madrid, Segovia, Palencia e Portugal, supoñen unha ferramenta importante para contactar cos profesionais do sector e intercambiar información sobre as novidades na materia o que, consecuentemente, redunda nunha maior eficiencia dos traballos desenvolvidos no laboratorio.
A sesión de mañá tratará sobre “Avances en alimentación e medio ambiente” e o moderador será o veterinario da Xunta de Galicia Antonio Crespo Iglesias. O tema a tratar na sesión de tarde será “Aspectos Emerxentes para as industrias de pensos” e o moderador será Ramón Collazo de Nanfor Agafac.