VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Adianta Domínguez Olveira que se non se modifican o BNG non os apoiará, pero confía en que os deputados nacionalistas podan melloralos con enmendas
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, calificou como “decepcionantes” os investimentos que o Goberno do Estado destina á nosa cidade no proxecto de orzamentos. O nacionalista asegurou que coas partidas que están consignadas para Vigo “a día de hoxe o Bloque Nacionalista Galego non pode apoiar estes orzamentos”.
Santi Domínguez lembrou que hai semanas advertiu xa que a crise non podía ser a desculpa para reducir os investimentos e se así fora esa medida non podería afectar ás zonas coas que se ten unha débeda histórica como é o caso de Vigo. A realidade que evidencia o proxecto de orzamentos é que existe unha reducción nas partidas destinadas á nosa cidade e, segundo indicou, tamén no ritmo de execución dos proxectos de infraestruturas pendentes. “Non é de recibo que Vigo reciba este ano menos investimentos que o ano pasado e que o que recibe a cidade estea incluso por debaixo da media galega”, precisou.
O tenente de alcalde precisou que con estes investimentos non se poderán cumprir os compromisos que o Goberno do Estado ten con Vigo nas grandes infraestruturas. “Son compromisos que non fixemos nós, foi o propio Partido Socialista, a través de diferentes representantes, quen os fixo e se non se fai un maior esforzo inversor non se cumprirán”, asegurou.
O nacionalista explicou que non se da resposta ás grandes demandas que a cidade ten en materia de infraestruturas. Sianlou que coa consignación que aparece nestes orzamentos o trazado do AVE entre Vigo e Ourense por Cerdedo non pasará en 2009 “e pensamos que tampouco en 2010” da fase de estudo. “Con este orzamento o AVE non chega a Vigo no 2012 nin en película”, dixo.
Tampouco o Eixo Atlántico poderá cumprir os prazos, xa que non aparecen partidas específicas para os tramos Vigo-Pontevedra e Vigo-Fronteira portuguesa. Pero o tenente de alcalde non só fixo de menos o compromiso do Estado coas grandes infraestruturas pendentes, tamén lamentou que non se cumpran os compromisos con proxectos de obras menores como é o caso do Paseo de A Guía. A este respecto explicou que o ano pasado o BNG conseguira cunha enmenda que se incluira este proxecto, actuación que no novo orzamento desparece e que aínda non se executou.
Santiago Domínguez agarda, sen embargo, que se poda reconducir esta situación de falta de implicación do Goberno con Vigo. “Confío no poder dos nosos deputados, para que na fase de enmendas consigan un maior esforzo inversor para a nosa cidade”, dixo.