REDONDELA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente autonómico do Partido Popular, Alberto Núñez Feijoo, visitou o municipio de Redondela acompañado da voceira local do partido, Francisca Canal, o deputado Ignacio López-Cháves e o resto de concelleiros redondeláns do PP.
Esta visita enmárcase nun total de 315 que Feijoo realizará por toda Galicia. A primeira visita fíxoa onte en Ourense e ó longo do día achegouse ata 8 localidades ourensás. Onte percorreu 7 concellos da provincia de Pontevedra, entre os que se atopa o de Redondela.
O presidente do PPdeG paseou polas rúas do centro de Redondela e interesouse polo estado dos comercios da vila, departindo con comerciantes e veciños. Ó final do encontro Feijoo reuniuse con máis dunha trintena de afiliados e simpatizantes populares ós que animou para que o "axuden a facer a man o programa electoral".