MADRID (MORRAZO-tribuna) .- A Comisión de Igualdade do Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade e a iniciativa do BNG, instar ao Goberno a intensificar, en coordenación coas Comunidades Autónomas, a creación dos Xulgados especializados de Violencia de Xénero en función das necesidades que se detecten.
A Comisión de Igualdade debatía unha proposición non de lei da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, sobre a necesidade de crear máis xulgados especializados que “como no caso de Galiza teñan xustificado a súa necesidade”, e que tamén abordaba a formación do personal xurídico adicado a este tema e a necesaria coordenación entre os xulgados especializados e os corpos de seguridade.
Os outros puntos do acordo:
A deputada do BNG posibilitou a unanimidade ao transaccionar un acordo co grupo socialista e con ERC. O segundo punto do acordo empraza ao Executivo a “intensificar os programas de formación necesarios en materia de violencia contra as mulleres para desenvolver adecuadamente os obxectivos da Lei Integral, en relación ao personal que traballa ao servizo da Administración de Xustiza”.
O terceiro punto do acordo recolle integramente a solicitude do BNG para que se garanta a debida coordenación entre os xulgados especializados e os corpos de seguridade competentes “a fin de realizar o seguimento das ordes de alonxamento e as medidas de protección ás mulleres”.
“Na xudicatura aínda predomina un tratamento conservador”
Na súa intervención, a deputada do BNG e despois de dous anos de vixencia da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, “é preciso debater sobre o apartado V da normativa e buscar solucións ás deficiencias existentes”, en alusión á creación de xulgados especializados. “Está claro que os xulgados especializados creados son insuficientes, e os xulgados ordinarios continúan a atender os casos de violencia de xénero”.
Davila fixo especial énfase no que atinxe ao corpo xudicial do que “seguen emanando sentenzas conservadoras” e mencionou unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya que considerou un eximente o feito de que segundo os forenses, as 13 ultimas puñaladas á vítima se produciron cando estaba fora de consciencia.
En referencia a esta cuestión, subliñou que “precisamente, o motivo de que no proceso de debate da lei se incidise tanto na formación e especialización de xuices e fiscais é porque existe na xudicatura un tratamento da violencia de xénero onde predomina unha ideoloxía conservadora e patriarcal”. Neste sentido, salientou o feito de que se continúe a interrogar ás vítimas como se fosen culpábeis, dificúltase o trámite da denuncia, incúmprense as medidas de alonxamento sen que os xuices actúen, incluso cando o incumprimento é reiterado.
Puxo de manifesto que “fica moito por facer no relativo á atención xurídica ás mulleres vítimas de maltrato”. Para Davila non se aportaron os recursos necesarios para que a lei se cumpra no eido xurídico.
Asemade, outro dos problemas que enfatizou é a falla da debida coordenación cos corpos de seguridade para aplicar medidas de prevención como son as pulseiras.