VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza achega 799.875 euros en axudas a 145 entidades locais para a normalización da lingua galega. As subvencións –de diversa cuantía- destinaranse a 30 municipios para crear ou reforzar o servizo de normalización lingüística e a 115 organismos para organizar e desenvolver campañas de normalización lingüística (ver táboas ao final). Así se recolle no DOG de hoxe.
Segundo o texto da convocatoria, estas axudas serán para a creación de novos servizos locais de normalización lingüística, para o reforzamento dos xa existentes mediante a contratación de especialistas en lingua galega e para a organización de campañas e elaboración de publicacións co obxecto de lograr a normalización lingüística na entidade local.