13 octubre 2008

O BNG celebra que o PSOE e o PP rectifiquen agora sobre a circunvalación de Ponteareas

PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- O BNG de Ponteareas, celebra que o PP e o PSOE rectifiquen agora sobre as previsións do vial de circunvalación que figuraba no Plan Vigo Íntegra e coincidan agora cos colectivos veciñais e co BNG. Os nacionalistas recordan que, únicamente o BNG mantivo unha reunión cos colectivos veciñais afectados, para trasladarlles a información que lles permitiu, a presentación de alegacións a este plan, sendo tamén a única forza política que presentou as suas alegacións.
Os nacionalistas destacan que o vial de circunvalación de Ponteareas, que conecta o enlace da A-52 en Moreira coa N-120, por Angoares, Fontenla e Arcos é exactamente o mismo que figuraba no borrador do PXOM, do goberno municipal do PP, exposto no 2006. Agora a Consellería de Política Territorial asume a planificación deste vial, facilitada polo goberno municipal, a pesares de rechazo que no seu día provocara, polo grave impacto social e medioambiental. “Ese vial recibíu xa hai dous anos o rexeitamento tanto de centos de veciños como de colectivos sociais que consideran unha aberración esa previsión como quedou de manifesto coa presentación de centos de suxerencias”, manifestou Bolívar González, portavoz municipal do BNG.
O BNG espera que a Consellería de Política Territorial considere as alegacións presentadas e modifique o Plan Vigo Integra, así como as previsión do Plan Director de Estradas. Os nacionalistas seguiran informando oas colectivos sociais de todas as parroquias afectadas polo Plan Vigo Íntegra e o Plan Diretor de Estradas, para explicarlles a súa posición e ofrecerlles asesoramento e axuda para a presentación de alegacións en defensa dos intereses das súas parroquias.