16 octubre 2008

A DEPUTACIÓN REXEITA O SISTEMA VIARIO PROPOSTO POR VIVENDA PARA ACCEDER Ó POLÍGONO DE ARRUFANA, EN MOS

MOS / PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra informou desfavorablemente o proxecto do parque empresarial de Arrufana, entre Mos e Redondela, promovido pola Consellería de Vivenda, porque o sistema viario previsto agudizará o intenso tráfico e incrementará a perigosidade das estradas provinciais Peinador-Louredo e Os Valos-Guizán. A Deputación propón un acceso directo ó parque dende a futura autovía de conexión da A-57 coa rede arterial de Vigo.
O parque de Arrufana, según o proxecto remitido por Vivenda á Deputación, terá 80 hectáreas de superficie, con unha superficie neta de 409.520 metros cadrados. Estructúrase en zonas diferenciadas para a industria lixeira, media, gran industria e outra para integrar a industria esistente na actualidade, situada nas marxes da estrada provincial Peinador-Louredo.
O proxecto do parque prevé o acceso principal a través da N-550 (Redondela-Porriño) e afecta ás estradas provinciais Peinador-Louredo, na que se plantexa un acceso secundario ó parque polo seu extremo sur, e Os Valos-Guizán, que queda afectada de xeito moi notable ó diseñarse unha intersección desta estrada co denominado eixe norte que da acceso ás parcelas tipo C situadas no extremo norte do polígono.
A Deputación considera que o documento remitido por Vivenda adolece dun estudio serio e rigoroso da incidencia do parque sobre as citadas vías provinciais. O propio estudio reconoce unha incidencia do parque nas estradas provinciais de 548 vehículos pesados por día e 2.057 vehículos lixeiros que accederán a través únicamente do acceso da N-550.
A Deputación indica na xustificación do seu informe desfavorable que a realidade esistente na zona é máis grave incluso. Sinala que a vía Os Valos-Guizán tén uns problemas de circulación de vehículos pesados e lixeiros de reparto que obrigou á Deputación a limitar o tonelaxe pola estrada e a realizar unha importante actuación de seguridade vial. A institución provincial indica que .
Outras razóns alegadas pola Deputación para rexeitar o sistema viario do parque proposto por Vivenda, son que non considera aceptable plantexar unha intersección do parque coa via Os Valos-Guizán; que se xenere un acceso á estrada Peinador-Louredo sin definir a súa tipoloxía, deseño e tráfico; e que se elimine o acceso desta última vía á N-550 sin plantexar unha alternativa razoable.