BUEU/CANGAS/MOAÑA (MORRAZO-tribuna) .- A Xunta de Goberno da Deputación acordou hoxe aprobar unha achega de 83.035 euros para o Consorcio Contra Incendios e Salvamento do Morrazo. Esta achega irá dirixida a sufragar os gastos de funcionamento correspondentes ó cuarto trimestre do ano 2008.
As achegas para cubrir os gastos de funcionamento do consorcio corren a cargo da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial ó 50 %.
O Parque de Bombeiros do Morrazo supuxo unha inversión de 1,5 millóns de euros dos cales a Deputación achegou o 40%; a Xunta outro 40% e o 20% restante foi achegado polos concellos de Cangas, Bueu e Moaña.
O ano pasado, o Consorcio Contra para o servizo contra incendios do Morrazo contou cun orzamento xeral de 654.329 euros.