MADRID (MORRAZO-tribuna) .- O Ministro de Asuntos Exteriores de Cuba, Felipe Pérez Roque, agradeceu ao BNG o seu labor no Congreso dos Deputados en defensa do Estado cubano nunha xunta mantida cos parlamentares do BNG na Embaixada de Cuba en Madrid.
Neste sentido, Davila e Jorquera reiteraron o dispór do nacionalismo galego a continuar a traballar na mesma liña no Parlamento español. O BNG non só ten levado iniciativas parlamentares ao Congreso dos Deputados, centradas especialmente na necesidade de rematar co bloqueo económico, senón que "ten defendido nas súas intervencións ao Estado cubano fronte ás iniciativas e ataques derivados do PP", lembraba un voceiro nacionalista.
Os deputados do BNG explicaron ao remate da reunión, que Felipe Pérez Roque lles explicou e describiu a situación da illa despois do paso dos furacáns “Gustav” e “Ike” que supuxo a destrucción de infraestruturas, miles de vivendas e considerábeis perdas económicas. Ademáis, fíxolles saber que un dos propósitos da viaxe ao Estado español era abordar co Goberno español a cuestión da cooperación e outros asuntos relativos ás relacións comerciais.
Asemade, falaron da mellora e normalización das relacións co Estado español desde o fin da “etapa de Gobernos de Aznar”. Tamén lles manifestou o desexo de Cuba de que a UE supere o distanciamento coa illa e poida haber unha maior cooperación, obxectivos para os que solicitou a colaboración do BNG e outras forzas políticas de esquerda.