VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A deputada do BNG, Olaia Fernández Davila ven de presentar unha iniciativa na que lle demanda ao Goberno Central que incremente as medidas de control sanitario sobre as importacións de panga procedentes de Vietnam e China.
Davila lembra que “existen importantes dúbidas sobre o cumprimento das garantías sanitarias neste produto, que na maioría dos establecementos véndese sen especificar a súa orixe e sen aclarar que é un produto desconxelado que pertence á acuicultura e non ao sector extractivo”.
Neste sentido, a deputada do BNG advirte de que un recente estudo encargado por ANFACO-CECOPESCA detectou a presenza de bacterias de cólera e listeria en mostras de panga. Asemade, o estudo recomendaba que, dada a elevada contaminación que soportan os deltas dos ríos nos que se cría este peixe, “sería de interese determinar os contaminantes, como residuos de produtos veterinarios, antibióticos, verde malaquita, pesticidas e nitrofuranos” e concluía recomendando que “pola forma e produción destes exemplares, crese moi conveniente realizar análises de posíbeis contaminantes de xeito aleatorio nas partidas que se importan”.
Ademais, Davila lembra que países como Estados Unidos ou Xapón xa prohibiron a importación de panga asiático debido ao uso de antibióticos non autorizados neses países, e que as autoridades sanitarias de Noruega ordenaron a retirada dos filetes de panga do mercado despois de detectar a presenza dunha bacteria que pode causar cólera.
Ante esta situación, a parlamentaria do BNG pregúntalle ao Goberno polo número de irregularidades sanitarias nas importacións de panga que se detectaron nos Pontos de Inspección Fronteiriza e polo número de partidas incautadas.
Asemade, e entre outras cuestións demándalle ao Goberno se “é consciente de que se pode estar poñendo en risco a saúde do consumidor” e , consecuentemente, solicítalle ao Goberno que adopte medidas.