PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- O BNG solicitou a retirada do Plan de Saneamento Económico da orde do día do pleno extraordinario que se celebrará o venres 3 de outubro para que sexa consensuado có BNG
O Venres 3 de outubro vai a pleno extraordinario a aprobación do Plan de Saneamento Económico do Concello de Ponteareas, documento imprecindibel para resolver a grave situación económica do concello.
Os nacionalistas solicitan a retirada do punto da orde do día, para poder consensuar o Plan de Saneamento có goberno municipal. "Entendemos que, un plan con futuro ten que ser pactado coa primeira forza política do concello e gañadora das últimas eleccións municipais, posto que vai ser un plan que se aplicará nun período longo de anos e influirá a futuros gobernos municipais", explicaron portavoces do BNG.
Os nacionalistas lembran, que xa en decembro de 2006, o BNG presentara unha iniciativa a pleno para aprobación do Plan de Saneamento Económicoo que o PP encargara ao Colexio Oficial de Interventores da provincia de Pontevedra, daquela o goberno municipal do Partido Popular votou encontra.
Segundo o BNG, “o goberno Municipal do PP perdeu dous anos, producindo que situación económica empeorara día tras día , atopándose hoxe o concello de Ponteareas nunha situación de bancarrota”.