MADRID (MORRAZO-tribuna) .- O senador do BNG por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, ven de presentar unha iniciativa na que lle demanda ao Goberno que “aborde, partindo unha análise sosegada e contando coa opinión dos expertos, unha reforma do Código Penal para dar máis importancia á reinserción dos presos”.
Ademais, pídelle que adopte medidas para incrementar o número de prazas que se ofertan para cumprir penas con traballos ao servizo da comunidade.
Pérez Bouza pregúntalle tamén ao Executivo Central “como pode explicar a contradición de que sendo o Estado Español un dos da Unión Europea con menor índice de criminalidade, sexa sen embargo o que ten unha maior porcentaxe de poboación reclusa”.
O Estado español ten 150 reclusos por cada 100.000 habitantes, fronte á media da UE de 90
En concreto, o senador nacionalista remítese aos propios dados ofrecidos o pasado 29 de setembro no Congreso dos Deputados pola directora xeral de Institucións Penitenciarias, Mercedes Gallizo, quen advertiu de que nos nove primeiros meses de 2008 a poboación dos cárceres españolas medrou un 7,82% e un 60% nos últimos oito anos.
“Estes dados -alerta Pérez Bouza – converten ao Estado español no que, en toda a Unión Europea, ten a maior porcentaxe de presos en relación á poboación: 150 reclusos por cada 100.000 habitantes, fronte aos 90 da media europea”.
Ademais, tamén é o estado con maior estancia media dos presos no cárcere de toda a UE, unha situación que ten provocado un elevado grao de amoreamento nas prisións españolas denunciado reiteradamente por sindicatos e ONG´s.
O índice de delictos é de 48,1 por cada 1.000 habitantes, fronte aos 69,4 da media europea
O senador do BNG subliña non hai un índice de criminosidade que xustifique este imparábel incremento da poboación reclusa. E remítese ás declaracións do ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, quen salientou recentemente que “España é un dos países máis seguros de Europea”, cunha tasa de delincuencia de 48,1 delictos por cada 1.000 habitantes, fronte ao 69,4 da media europea. Unha tasa que aínda é máis baixa nos delictos graves, aqueles que se cometen contra outras persoas.
“O incremento desorbitado da poboación reclusa débese sobre todo ao endurecemento das penas contra delictos non graves”
Por iso, Xosé Manuel Pérez Bouza, remítese á explicación que os expertos dan este paradoxo: “máis que polo aumento da criminosidade , o imparábel aumento da poboación presa, débese á aplicación de sucesivas reformas que endureceron considerabelmente as penas para delictos considerados non graves”.
Así, denuncia que as penas con traballos ao servizo da comunidade, contempladas na reforma do Código Penal, “seguen sen ser aplicadas polos xuíces, debido tanto á falla de prazas como á lentitude burocrática e, tamén, ao entullo da xustiza”.
Por outra parte, salienta que o endurecemento das penas na reforma do Código Penal de 1995 (Goberno do PSOE), reforzado aínda máis na reforma de 2003 (PP), “contribuíron tamén á saturación das prisións dificultando o acceso ao terceiro grao e á liberdade condicional e incrementando o recurso á prisión preventiva”.
“O obxectivo da reinserción social do preso pasou a un segundo plano”
O senador do BNG conclúe que “o cárcere e o endurecemento das penas parecen ser as únicas alternativas para resolver o problema da criminalidade, unha política penitenciaria inducida en boa medida polos medios de comunicación social e a opinión pública e á que ceden os lexisladores”.
“O obxectivo da reinserción, a fin última das condenas a prisión, pasou a un segundo plano”, denuncia Pérez Bouza.