VIGO (MORRAZO-tribuna) .- A FAVEC insitiu este venres na sua loita en favor de conquerir unha área metropolitana para Vigo e comarca.
Son milleiros as persoas que a diario se desprazan pola área de Vigo por motivos de traballo, familiares… a actual arquitectura das comunicacións dificulta enormemente a mobilidade dentro da área: achegarse ao centro de Vigo desde calquera dos Concellos da área supón unha combinación tediosa e cara de medios de transporte que na maioría dos casos supón que as persoas se decanten pola utilización do vehículo particular; moito máis complexa é mobilidade entre os Concellos da área con longos rodeos, cambios de compañías de transporte e elevados custes.
Vigo e a súa área precisan, canto antes, da posta en marcha do transporte metropolitano, un servizo de transporte público urbano e interurbano áxil, frecuente, económico e unificado, que integra as comunicacións tanto da cidade de Vigo cos Concellos de súa área como a todos os Concellos que conforman a área metropolitana entre si.
Cabe salientar que os transportes metropolitanos gozan de axudas e subvencións por parte dos organismos autonómicos, polo que na área de Vigo, a diferencia doutros grandes núcleos, seguimos a renunciar ao aforro que chega ao 40% no prezo do billete así como ás vantaxes dun transporte público integrado e de calidade.
Segundo recolle o articulado da proposta de área metropolitana, sería esta a encargada de ordenar, xestionar, planificar, inspeccionar e sancionar o servizo público de transporte regular terrestre urbano e interurbano de viaxeiros conxuntamente co marítimo.
Promesas incumpridas
Pese ás reiteradas promesas da Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia que prometeu que 2008 sería o ano do transporte metropolitano na área de Vigo, "a día de hoxe seguimos sin avances e tan si quera se iniciaron as conversas coas empresas de transporte. Animamos á cidadanía a achegarse estes días a calquera dos postos de recollida de firmas e expresar o seu apoio ás vantaxes que supón obter o recoñecemento de área metropolitana", explicou finalmente a Federación de Asociacións de Veciños de Vigo.