A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- Dende hai uns días está aberto ó público o novo parque infantil do Paseo Marítimo que está situado a altura do que era o antigo Gran Sol. A decisión de facer un parque nesa zona do Paseo Marítimo adoptouse pola petición de moitas nais e pais que aseguraban, con razón, que a ubicación do parque que está entre a pista e a Atalaia é moi mala nos días de vento norte. A ubicación do novo parque é moito máis abrigada e recollida.
O parque foi realizado polo Obradoiro de Emprego en el participaron tres das especialidades: cantería, xardinería e carpintería. A cuarta especialidade, axuda domiciliaria, non ten relación algunha con este tipo de obras.
Fíxose primeiro unha adecuación do terreo. Despois construiuse un pasillo con lousa de pedra. Na zona de area ou zona blanda instalouse un columpio, un tobogán e tres elementos baixos. Noutras partes do parque púxose unha pérgola, dúas fontes e varios bancos de pedra e acondicionouse o xardín circundante. O resultado é, a dicir, dos usuarios francamente bo.
Están tamén moi avanzados tamén os traballos no parque de Salcidos que tamén leva a cabo a Escola Obradoiro.