PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación Provincial de Pontevedra entregará o vindeiro domingo 12 de outubro en Baiona o Premio Entreculturas que dende fai cinco anos concede a institución con motivo do Día da Hispanidade. As entidades acredoras do galardón Centro de Lalín en Bos Aires, pola súa intensa actividade a favor dos emigrantes galegos en Arxentina, e ó Concello de Ponteareas pola labor social que leva a cabo cos emigrantes e inmigrantes.
Os actos programados foron presentados hoxe polo deputado delegado de Cultura, José Juan Durán e polo alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña. Segundo informaron, os actos darán comezo ás 17.00 horas coa actuación da Banda de Música da Escola Naval Miliatar de Marín, na praza do Concello.
Seguidamente, ás 17.30 horas terá lugar a recepción de autoridades na Casa do Concello que se trasladarán ás 17.45 horas ata o monumento Encontro entre dous mundos”. Neste lugar intervendrán o representante do Honorable Corpo Consular, neste caso o cónsul de Venezuela, David Nieves; seguido do alcalde de Baiona; e do presidente da Deputación, Rafael Louzán. Finalmente, efectuarase a ofrenda de coroas, a interpretación de himnos e o disparo de salvas polos canóns da fortaleza.
Os actos continuarán ás 18.30 horas no Parador de Turismo Conde de Gondomar. No salón medieval procederase á entrega dos Premios Entreculturas. A través deste premio a Deputación pretende subliñar o papel da provincia de Pontevedra como ponte entre Portugal e Galicia, Galicia e España e España e o mundo hispánico. Así mesmo, conmemorar o encontro “entreculturas” que supuxo a xesta de Colón, na que participou activamente a nosa provincia, axeitando a tradicional celebración do 12 de outubro á nova realidade social de Pontevedra, Galicia e España como terra de acollida, de converxencia de culturas e de integración de emigrantes retornados.
Compre recordar que o premio está dotado con 12.000 euros dos cales 6.000 euros irán dirixidos a reforzar os lazos de irmandade entre os pobos, premiar un labor altruísta, significado ou relevante dunha persoa ou entidade do mundo hispánico e da emigración, neste caso o Centro de Lalín en Bos Aires.
Os restantes 6.000 euros pretenden fomentar a solidariedade, a integración, o intercambio, a profundización do mutuo coñecemento e o mutuo apoio entre os pobos, a unha persoa u entidade de ámbito pontevedrés ou galego, que este ano recaeu no Concello de Ponteareas.