14 octubre 2008

La FAVEC apoya al SERGAS en su conflicto
con los médicos

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- A Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao (Vigo) FAVEC, manifestou o seu máis profundo rexeitamento á convocatoria de folga que anuncian o Sindicato de Médicos de Galicia, Central Independente O´Mega e que comparte o Colexio de Médicos de Galicia para reclamar un plus de exclusividade por parte daqueles médicos que incumpren o lei de incompatibilidades, xa que desempeñan o mesmo traballo en ambas sanidades: pública e privada. "Nos parece unha aldraxe e un auténtico delicto contra a sanidade pública convocar unha folga baseada na oposición a que os médicos que si cumpren coa lei teñan un plus de exclusividade pola súa completa adicación á sanidade pública", aseguran desde a FAVEC, onde insisten : "lembramos que existe no noso país unha lei que os convocantes desta folga incumpren de forma manifesta, que é a Lei de Incompatibilidades: “Ley 53/1984, de 26 de diciembre, de Incompatibilidades del Personal al Servicio de las Administraciones Públicas”, que prohíbe aos profesionais da sanidade pública exercer a súa profesión de xeito privado no mesmo ámbito, tal e como queda claro no artigo 12 cando recolle o persoal comprendido no ámbito de aplicación desta ley e establece: “Se incluyen en especial en esta incompatibilidad las actividades profesionales prestadas a personas a quienes se esté obligado a atender en el desempeño del puesto público.”. Por todo, desde a FAVEC denuncian o que entenden como "delicto continuado deste pequeño colectivo que reclama un plus cando realmente incumpren a lei. Colexio de Médicos xunto cos Sindicatos Médicos de Galicia e Central Independente O´Mega esquécense por tanto que están a vulnerar esta Lei, exixindo un plus que constitúe unha descarada e abusiva chantaxe a toda a cidadanía e pola desidia da administracións que non son quen de tomar cartas no asunto e aplicar as medidas sancionadoras correspondentes en beneficio da sanidade de tod@s e da legalidade".
A FAVEC apoia o sistema que quere implantar o SERGAS, xa que permitiría acabar coas listas de espera e coa posibilidade de traspasar con total impunidade aos pacientes das consultas públicas ás privadas que estes mesmos médicos teñen e coa desvergoña de atreverse agora a ameazar cunha folga que prexudique ao sistema público. Por todo a lei non debe ter consideración con este pequeno colectivo que tan só quere prexudicar a boa marcha do Sistema Público Galego de Saúde