VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O primeiro Simposio Iberoamericano e as cuartas Xornadas Ibéricas de Horticultura Ornamental organizado pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro contará coa participación de máis de 100 persoas procedentes do territorio nacional (Tenerife, Murcia, Barcelona, Madrid; Sevilla; Almería....) así como do país veciño Portugal e do outro lado do atlántico, concretamente, de Chile e Arxentina.
Esta iniciativa, que se celebrará no Pazo Provincial, entre os días 15 e 17 de outubro, buscará facilitar a transferencia e o intercambio de resultados das investigacións e traballos realizados polos técnicos en horticultura ornamental, para un mellor aproveitamento dos recursos da flora ornamental.
O Congreso abarcará a totalidade dos temas relacionados con este mundo como son: o sector ornamental, a selección e mellora de plantas ornamentais, plantas autóctonas, o seu uso en xardinería, desenvolvemento de novos produtos, flor cortada, floricultura, viveirismo, planta en maceta, paisaxismo e revexetación, xardinaría, horticultura urbana, propagación e produción de planta, produción sostible e protección integrada, técnicas de cultivo, fertilización e rega, alteracións en plantas ornamentais, recoñecemento e diagnóstico de pragas e enfermidades e control de pragas e enfermidades.
Este amplo abano de campos, permitirá a participación de distintos sectores no congreso: viveiristas, técnicos de xardíns de organismos públicos e privados, empresas privadas de material de xardinaría e investigadores, entre outros.
Presenza internacional
Para facer posible esta colaboración, convidáronse a dous investigadores de renome en horticultura ornamental de Sudamérica, o Dr. Peter Seemann, Prof. da Escola de Agronomía, Facultade de Ciencias Agrarias da Universidade Austral de Chile e o Dr. Roberto Fernández do Instituto Nacional de Tecnoloxía Agropecuaria de Bos Aires, que presentarán traballos realizados e aportarán diversas comunicacións de importantes investigadores do campo da Horticultura Ornamental en Sudamérica. Esta visita ademais, servirá para difundir a horticultura ornamental galega en América, e posiblemente abrirá as portas para unha futura cooperación en esta materia entre ámbolos dous continentes.
Pola parte portuguesa están convidados o Dr. Domingos Almeida da Universidade de Porto e a Dra. Dalila Espirito Santo do Instituto Superior de Agronomía de Lisboa.
Entre os científicos españois relatores convídase ó Dr. Pedro Cermeño, profesor do Instituto de Investigación e Formación agraria e pesqueira de Alcalá del Río en Sevilla, o Dr. Jesús Izco Sevillano, Catedrático de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela e o Dr. Pedro Mansilla, xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro.
Ademais, das actividades propias do simposio, os participantes realizarán visitas a lugares de interese como os xardíns do Castelo de Soutomaior, o Pazo de Oca; o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla; o Pazo de San Cibrán en Vedra; así como a diferentes viveiros de Pontevedra e A Coruña.