PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O concelleiro de Promoción Económica, Antón Louro Goyanes, pechou estes días cinco convenios de colaboración do seu departamento con outras tantas institucións e asociacións pontevedresas. Os convenios servirán para financiar distintas actividades de tipo cultural, feiral e empresarial, realizadas ou a realizar durante este ano.
Os acordos, que serán asinados formalmente nos próximos días, son os seguintes: 1.Convenio de colaboración coa Asociación de veciños O Castro co gallo da XVII Festa do Caldo Galego. O custo total dos foi de 22.915,83 euros e a subvención municipal é de 9.000 euros. A asociación veciñal, que preside Santiago Laya, celebrou esta festa gastronómica o pasado 9 de marzo e contou coa asistencia dunhas 6.000 persoas, o que supuxo un importante éxito de convocatoria.
Os acordos, que serán asinados formalmente nos próximos días, son os seguintes: 1.Convenio de colaboración coa Asociación de veciños O Castro co gallo da XVII Festa do Caldo Galego. O custo total dos foi de 22.915,83 euros e a subvención municipal é de 9.000 euros. A asociación veciñal, que preside Santiago Laya, celebrou esta festa gastronómica o pasado 9 de marzo e contou coa asistencia dunhas 6.000 persoas, o que supuxo un importante éxito de convocatoria.
2.Convenio de colaboración coa Cámara de Comercio, Industria e Navegación para a celebración de feiras no Recinto Feiral durante o ano 2008. O programa deste ano inclúe os seguintes eventos: Ferpalia (bolsa de contratación turística, celebrada entre o 1-3 de outubro pasados); as dúas edicións da pasarela Pontus Veteris e o salón do automóbil-salón do vehículo de ocasión (Pomóvil), a celebrar entre o 14 e o 16 de novembro e entre o 21 e o 23 de novembro. O orzamento total da programación é de 521.328,38 euros e o importe da subvención municipal, de 115.000 euros. Asinará o convenio o presidente da Cámara, Ricardo Mirón Gutiérrez.
3.Convenio de colaboración coa Fundación Camiño de Santiago para o desenvolvemento de actividades de promoción do Camiño Portugués. As actividades desenvolvidas pola asociación que preside Celestino Lores Rosal son as seguintes: Comezo da Peregrinación polo Camiño Portugués da costa, marchas de sendeirismo, atención e mantemento do albergue, celebración do IV baile da Camelia, Xornadas de hospitaleiros no albergue e edición da revista Vía Lusitania, todas elas por importe de 36.100 euros. O importe da achega da Concellaría de Promoción Económica é de 9.000 euros.
4.Convenio de colaboración coa Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa (Aempe). A organización, cun total de 470 socios e creada en 1978, desenvolveu este ano as Xornadas informativas para os asociados, publicidade das accións, feiras e campañas de apoio ao comercio e actividades promocionais, eventos e presentacións por importe de 52.000 euros. A achega municipal á asociación que preside José María Rodríguez é de 18.000 euros.
5.Convenio de colaboración coa Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental para a organización e desenvolvemento de actividades culturais, artísticas e formativas para o ano 2008. A organización que preside Miguel Lago Rey ten uns 160 asociados e foi constituída no ano 2004. As actividades desenvolvidas este ano son as Expobaixas, Pontenadal, campaña de rebaixas, visitas guiadas e o alumeado de Nadal, cun orzamento global de 54.074,46 euros. A achega da Concellaría que preside Antón Louro é de 25.000 euros.