01 octubre 2008

Programa de charlas médicas pola provincia

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Abordaranse temas de interese xeral como son a Menopausa; Reprodución; Alzheimer; coidados paliativos; saúde mental diabetes; doazón de órganos; automedicación responsable; saúde ou nutrición . A Deputación Provincial de Pontevedra inicia hoxe un programa de conferencias médico-sanitarias que, en colaboración co Colexio Oficial Médico de Pontevedra, posibilitarán aumentar a información da poboación en temas cotiáns de interese sobre saúde.
Celebraranse máis de 30 charlas en diferentes puntos da provincia. A primeira terá lugar hoxe no Centro Social Municipal de As Neves ás 18.00 horas a cargo do doutor Rafael Plana Pintos, que tratará o tema “Patoloxía a previr na 3º idade”.
A segunda charla celebrarase no Centro Social do Mar de Bueu o vindeiro 15 de outubro ás 19.30 horas. Neste caso, a doutora María Victoria Martín Miguel falará sobre “Automedicación responsable”. Tamén están previstas conferencias en Forcarei e Soutelo, A Guarda, Cerdedo, Ribadumia, Campo Lameiro, Sanxenxo, Nigrán, e Ponteareas, entre outros municipios _ aínda están por determinar as datas e os temas a tratar_.
Sobre este respecto, o Servizo de Inspección Médica da Deputación remitiulles a todos os concellos da provincia unha carta para darlles conta do programa e para que fixeran as correspondentes solicitudes para participar. Adxunta a esta notificación, a entidade provincial remitiu un listado de posibles temas a tratar que escolleron os propios concellos en función das inquedanzas da poboación.
Temas a tratar
Non obstante, no caso de que lles interesase un tema non contemplado no programa tamén tiveron a opción de solicitalo. Os temas propostos polas institucións promotoras da iniciativa son: Saúde alimentaria; primeiros auxilios; riscos no fogar; prevención de patoloxía cardiovascular; promoción de saúde e actividade física; a saúde no futuro; Menopausa; Reproducción; Alzheimer; coidados paliativos; saúde mental; diabetes; doazón de órganos; automedicación responsable; saúde e nutrición; transtornos alimentarios. Anorexia.Bulimia; virus Papiloma Humano; Sida; e drogas de abuso.
O titular do organismo provincial, Rafael Louzán, foi o impulsor desta iniciativa que se levará a cabo por primeira vez despois de asinar un convenio de colaboración co presidente do Colexio Médico, Luis Campos Villarino.
O acordo asinado está dotado con 12.000 euros dos cales 6.000 servirán para levar a diante o programa de charlas e os restantes 6.000 para un estudo sobre o peso en termos económicos que supón a práctica da menciña privada na provincia.