VIGO / PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O vicepresidente da Deputación de Pontevedra e presidente do Padroado Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, presentou esta mañá o observatorio turístico que ten que desenvolver a institución provincial. “Unha ferramenta de xestión da política provincial”, comentou, “que permitirá un coñecemento detallado do impacto que ten a actividade turística na economía da provincia”.
Na presentación, Figueroa salientou que “este observatorio ofrecerá, ó mesmo tempo, datos reais e continuados no tempo sobre o seu comportamento e permitirá dispor de información turística en termos macroeconómicos; determinar a situación actual dos mercados emisores; identificar puntos de actuación e coordinación que adecúen a oferta da provincia ás esixencias dos demandantes actuais e elaborar e desenvolver metodoloxías que favorezan a medición, a análise comparativa e a determinación de estándares de calidade”.
O observatorio turístico tamén xerará “sistemas de avaliación do sector para orientar a implantación de políticas estratéxicas; asistirá e apoiará a organizacións científicas, técnicas e empresariais na elaboración de diagnósticos; complementará tecnicamente os sistemas estatísticos de entidades oficiais; e favorecerá o seguimento da evolución e tendencias dos mercados turísticos, que se verá reflectido en informes de resultados e conclusións”.
En verbas do vicepresidente provincial, “este observatorio turístico, o primeiro da provincia, constituirá tamén unha experiencia pioneira no ámbito autonómico”. Figueroa apuntou que “servirá de apoio para promover unha política turística eficaz que rentabilice a aplicación dos recursos públicos e como marco de referencia para a mellora na toma de decisións, tanto no ámbito empresarial como institucional”.
Así mesmo, explicou que “será unha ferramenta de xestión a medio ou largo prazo, xa que a rentabilidade deste traballo é a súa continuidade no tempo, que impulsará a mellora dos servizos e nivel de competitividade”.
O Observatorio Turístico aloxarase na Web de Turismo Rías Baixas e a través dun enlace no portal www.depontevedra.es.