COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- O Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela acolle desde hoxe ata o domingo o II Certame Galego de Bandas de Música, no que participan 16 das mellores agrupacións musicais do país. En total, arredor de 1.500 músicos participarán neste evento que busca consolidarse como a cita de referencia para as bandas galegas. Está organizado pola Federación de Bandas de Música de Galicia co patrocinio da Consellaría de Cultura e Deporte.
O certame arranca hoxe ás 20:00 horas coa terceira sección, na que participan seis agrupacións: Unión Musical de Cabral, Banda da Escola de Música de Rianxo, Banda de Música de Chapela, Banda de Música Cultural de Mondariz, Banda de Música de Arca e Ateneo Musical de Bembrive. Interpretarán como tema obrigatorio a “Danza galega núm. 1” de Ricardo Dorado, ademais dun pasodoble e unha obra libre.
Mañá a partir das 18:00 horas terá lugar a competición da segunda sección, con 6 bandas a concurso: a Banda de Música Municipal de Agolada, a Banda de Música Cultural de Teo, a Banda da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia, a Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá, a Banda de Música Popular de Tui e a Asociación Cultural Musical Sementeira de Narón. Como peza obrigatoria interpretarán “Fantasía en Do”, de David Fiúza, ademais dun pasodoble e unha obra libre.
O certame pecharase o domingo coa primeira sección. As 4 bandas participantes actuarán a partir das 17:00 horas: Banda de Música de Catoira, Agrupación Musical de Vincios, Banda de Música Municipal de Valga e a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira. Como tema obrigado interpretarán Estransático (Suite galega)” de Simón Couceiro, e logo un pasodoble e unha obra de escolla libre.
Ao remate do certame daranse a coñecer os gañadores do I Concurso Galego de Composición para Banda de Música e o I Concurso Galego de Composición para Banda de Música con Sección Sinfónica. Os dous concursos premian as mellores obras orixinais e inéditas de temática galega, co obxectivo de poñer en valor os compositores do país. A Consellaría de Cultura patrocina o certame e os concursos, cunha achega total de 110.000 euros.