PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Alumnos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (A Coruña) visitarán este sábado, día 22 de novembro, as instalacións da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, órgano dependente da Deputación de Pontevedra, como parte das Xornadas de Arboricultura que desde o pasado día 10 está a impartir a institución coruñesa.
Esta visita de carácter técnico englóbase, precisamente, no roteiro de visitas formativas que o CFEA de Guísamo ofrece co gallo das xornadas, que este ano celebran a súa terceira edición consecutiva, e inclúen, ademais, distintas conferencias teóricas acerca da xestión e conservación do arborado, factores ambientais que inflúen sobre a saúde das árbores, ou identificación e diagnóstico de fungos xilófagos que afectan á árbore.
A Estación do Areeiro, pola súa banda, centro de referencia no seu sector non só en Galicia senón tamén a nivel nacional, conta entre as súas ramas a do diagnóstico e investigación en fitopatoloxía, que inclúe categorías de estudo tan diversas como a entomoloxía, a acaroloxía, a nematoloxía, a bacterioloxía, a viroloxía ou a patoloxía.
Dentro desta área fitopatolóxica, trabállase tanto no ámbito agrícola coma no forestal. No primeiro deles, fundamentalmente en fitopatoloxía da vide, fruticultura e horticultura. No forestal, trabállase en fitopatoloxía das seguintes especies: Pinus radiata, Pinus pinaster, Pseudotsuga menziesii, Castanea sativa, Eucalyptus globulus e Quercus robur. Todo elo tanto en plantacións como en viveiro, realizando estudios taxonómicos, epidemiolóxicos e de control.
Por todos estes motivos, o CFEA de Guísamo considerou que a Estación Fitopatolóxica do Areeiro sería un inmellorable destino para realizar a súa visita técnica das Xornadas de Arboricultura deste ano.