VIGO (MORRAZO-tribuna).- Un especialista japonés en sistemas mundiais de monedas complementarias visitará o Banco do Tempo de Vigo e impartirá unha conferencia sobre diferentes iniciativas emerxentes.
Aproveitará a súa estadía na cidade para dar unha conferencia sobre as iniciativas de monedas complementarias, economías solidarias e altermondialismos que están xurdindo nas diferentes partes do mundo. Será o vindeiro luns 1 de decembro no Centro Cultural Caixanova
Logo interarse pola experiencia do Banco do Tempo promovida pola FAVEC e tras o seu recente paso polas cidades de Barcelona e Porto para coñecer novas experiencias e impartir charlas, o Sr. Yasuyuki Hirota recalará na cidade de Vigo o vindeiro luns 1 de decembro para coñecer a experiencia do Banco do Tempo da FAVEC. Pola tarde impartirá unha conferencia sobre “Monedas complementarias como unha ferramenta para promover desenvolvementos sostibles” na sala de conferencias do Centro Cultural Caixanova (rúa Policarpo Sanz nº15).
Traductor e estudiante japonés de doctorado en moneda social, membro do "facilitation committee" do grupo de traballo "moneda social". Yasuyuki Hirota é natural de Fukuoka, Japón, adicou varios anos á investigación de monedas complementarias para afondar na área da economía solidaria. Na actualidade percorre o mundo para coñecer novas experiencias e compartir os seus coñecementos con charlas e ponencias nas diferentes cidades de paso.
Recursos e información:
Blog de Yasuyuki Hirota: http://mig76es.wordpress.com/
Presentacion sobre Monedas Complementarias: http://www.olccjp.net/