MADRID (MORRAZO-tribuna) .- A deputada do BNG lembra que as compresas están gravadas cunha IVE do 16% como se foran productos de luxo, e sostén que unha rebaixa nos impostos sobre cueiros sería moi beneficiosa para as familias
A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que empraza ao Goberno a promover e impulsar no seno da UE a aplicación dun IVE reducido para os cueiros, compresas e preservativos, así como para os servizos de atención á infancia, á terceira idade e a persoas enfermas.
A deputada do BNG pregunta ao Executivo cal é a súa posición sobre a proposta de modificación da normativa sobre o IVE realizada polo Comisario de Competencia da UE. Explica que o Comisario europeo de Fiscalidade presentou unha proposta para modificar a normativa comunitaria sobre o IVE que autorizaría aos Estados membros a aplicar o tipo de IVE reducido (o 7% no Estado español) a unha serie de artículos de hixiene e servizos.
Compresas, cueiros e preservativos gravados como productos de luxo co 16%
Davila quer saber se o Goberno comparte a necesidade de implantar esta medida de reducción fiscal e lembra que no casos das compresas, están gravadas cunha IVE do 16% como se foran produtos de luxo “cando se trata de artigos sanitarios indispensábeis”. De igual xeito, subliña, a rebaixa de impostos para os cueiros do 16% ao 7% suporía unha importante medida de apoio e de aforro para as familias.
Sen esquecer os preservativos e demáis métodos anticonceptivos gravados tamén como productos de consumo cando son artigos de necesidade.
Olaia Fernández Davila pón de manifesto que xa no ano 2005 o Congreso dos Deputados aprobaba por unanimidade unha resolución pola que instaba ao Goberno a promover na UE unha rebaixa do IVE nos productos aludidos.