O MONTERROSO (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, considerou esta mañá unha “auténtica sabotaxe” a emenda presentada polo PP aos Orzamentos Xerais do Estado para que a partida de 254 millóns de euros destinada ao AVE Ourense-Lubián se reduza á metade. O máximo mandatario galego manifestou o seu “asombro” por esta iniciativa do PP e de Alberto Núñez Feijóo contra “un dos grandes proxectos estratéxicos de país” fundamental para lograr que o AVE sexa unha realidade en 2012.
Así o asegurou o presidente esta mañá en Monterroso, onde acudiu para visitar o Concello e asistir á Feira de Todos os Santos. Alí, censurou esta estratexia do PP e de Núñez Feijóo logo do traballo realizado por el mesmo e polo Goberno que preside “para gañar cada día máis capacidade presupostaria, reivindicando, esixindo e demandando do Goberno do Estado que cumpra con Galicia e que presuposte como é debido ese grande proxecto que é o tren de alta velocidade”.
Froito dese traballo, abundou o presidente, logrouse que o Estado destinase nas Contas Xerais o 8,1% do investimento territorializado para Galicia, “nun investimento sen precedentes” que permitiu pasar de estar 25 puntos por debaixo da media de investimento per cápita cos gobernos do PP a 30 puntos por enriba na actualidade.
“Concentramos un dos grandes obxectivos de país, unha das grandes prioridades de Galicia en conseguir esa comunicación canto antes do tren de alta velocidade, da rede de alta velocidade do conxunto das cidades galegas coa rede de alta velocidade española e europea. Hai un compromiso asinado, comprometido publicamente polo presidente do Goberno de España comigo mesmo na entrevista celebrada en xullo na Moncloa”, incidiu Pérez Touriño, quen lembrou que iso se concretou na necesidade de dotar os orzamentos de 2009 para que os nove tramos pendentes se licitaran, de xeito que o AVE chegue en 2012.
“Póñense desde o Goberno de e¡España 254 millóns de euros para o tramo central Ourense-Lubián e agora, de maneira abraiante, o PP e o señor Feijóo lle dan as costas a Galicia e nun afán de desgastar ao Goberno, de facer puro traballo partidario, plantexan unha emenda aos Orzamentos do Estado para reducir á metade os presupostos para o AVE con Madrid, para o AVE Ourense-Lubián”, denunciou.
Fronte a isto, o presidente da Xunta apelou “unha vez máis” a un “mínimo sentido de responsabilidade de país” para “non seguir poñendo paus na roda”, e para que o PP “non reste senón que sume”.
“Non é razoable nin normal que o resto de España reciba a mensaxe de que desde Galicia solicitamos que se reduza á metade o presuposto para facer o AVE entre Ourense e Lubián. Non é razoable. Non é de recibo, é unha auténtica sabotaxe a unha demanda nacional, a unha demanda que debía de ser de Galicia enteira. Todo iso para poder criticar, por un afán partidario, porque desde fai algún tempo este PP e o señor Feijóo están de campaña electoral. Pero nin as campañas electorais deberan servir para iso. Non é unha desculpa”, expresou Emilio Pérez Touriño, quen lle lembrou ao PP que as campañas están para sumar, “nunca para restar, nunca para dividir, nunca para excluír, que é o que quere e ao que parece que está materialmente entregado o PP”.
Compromiso co reequilibrio
O presidente da Xunta confrontou a actitude do PP coa acción concertada do seu Goberno e o do Estado a prol do reequilibrio e a cohesión territorial. A este respecto, e centrándose na provincia de Lugo, Pérez Touriño incidiu en que entre ambos gobernos, a provincia vai beneficiarse en 2009 de investimentos por importe de 395 millóns de euros, o que supón 1.137 euros per cápita.
Trátase, segundo expuxo, dunha “inxección de recursos sen igual” nun momento de crise que require, como asegurou, “dunha resposta concertada das administracións”.
Tal e como asegurou o presidente, os momentos de crise requiren de “coordinación, unidade, diálogo e iniciativa política” como demostran os orzamentos da Xunta e do Estado para a provincia que, dixo, van permitir “pór en marcha” e “avanzar” en todos os grandes proxectos estratéxicos de Lugo.
Entre eles, citou os máis de 250 millóns de euros para as grandes infraestruturas de comunicación, como a autovía do Cantábrico ou as autovías Lugo-Santiago e Lugo-Ourense, ou as conexións Ferrol-Cabreiros-Vilalba e Ferrol-San Cibrao, que conxuntamente reciben máis de 18 millóns de euros. Ou o corredor Nadela-Sarria-Monforte, dotado con outros máis de 18 millóns.
O presidente enmarcou tamén nesta aposta polo reequilibrio territorial e por acabar coa Galicia das dúas velocidades os máis de 27 millóns de euros consignados para ”culminar” o gran novo hospita de Lugo, ou os máis de 27 millóns de euros para creación de solo industrial e os 33 millóns de infraestruturas de saneamento e depuración.
“Cando falamos de cohesión e de reequilibrio, falamos dunha aposta prioritaria para construír a Galicia da unidade, a Galicia da igualdade”, aseverou.
Nacionalidade
Finalmente, en canto á aprobación onte no Consello de Ministros dunha normativa de desenvolvemento da Lei de Memoria Histórica, o máximo mandatario galego asegurou que esta nova norma dá cobertura á “inmensa maioría” dos descedentes de emigrantes galegos para solicitar a nacionalidade española. O presidente considerou que esta normativa abre de forma xenerosa unha vía para reparar un “déficit histórico” que impedía aos netos de emigrantes obter a nacionalidade.