VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Juan Camilo Mouriño tiña 37 anos, e resultou morto ao estrelarse a avioneta na que viaxaba. Era o «home forte» do Goberno do presidente mexicano, Felipe Calderón, e polo tanto o seu ministro das reformas estruturais, entre elas a polémica reforma petroleira que foi aprobada fai unha semana.
Nacido en Madrid en 1971 e nacionalizado mexicano aos 18 anos, era economista de profesión e foi designado ministro de Gobernación o 16 de xaneiro de 2008, tras desempeñarse como xefe da Oficina do Presidente Calderón, desde os inicios do goberno o 1 de decembro do 2006.
Fillo do empresario Carlos Mouriño, dono do equipo Celta de Vigo, Mouriño era, ademais do brazo dereito de Calderón, o ministro máis novo do seu gabinete.
Mouriño viviu no suroriental estado de Campeche onde o seu pai tiña influencias, e ao obter a nacionalidade mexicana puido formar parte do Goberno, a pesar da súa orixe estranxeira.
Licenciado en Economía pola Universidade de Tampa (Florida, EE.UU.), Mouriño era membro do conservador Partido Acción Nacional (PAN) desde fai unha década. Foi deputado ao Congreso estatal de Campeche e tamén federal na lexislatura 2000-2003 por ese mesmo estado, ademais de que chegou a ser presidente estatal do PAN en Campeche.
A súa afinidade co panismo converteulle no coordinador para o sueste de México da campaña presidencial que levou ao poder a Vicente Fox en 2000, ao que tamém apoiaba claramente o seu pai, Carlos Mouriño.
Posteriormente ocupou a presidencia da Comisión de Enerxía da Cámara de Deputados e foi asesor de Calderón cando este era titular de Enerxía, os anos 2003 e 2004. A partir dese ano ocupou o cargo de subsecretario (viceministro) de Enerxía.
En decembro de 2006 foi designado xefe da Oficina da Presidencia da República.
Mouriño fora secuestrado na década dos anos noventa e permaneceu durante varios días en poder dos seus captadores, ata o pago dun millonario rescate por parte da súa familia, propietaria dunha rede de máis de 35 gasolineiras do Grupo Enerxético do Sur (GES) no estado de Campeche, ademais de outros notables negocios no México.