VIGO.- A familia Mouriño Terrazo está a receber moitas mostras de pesar de tanta procedencia que sería agora mesmo extensisimo recollelas todas. Quede constancia delas e das moi diferentes procedencias das mesmas : entidades, organismos, personaxes públicos, aficionados do Celta, entes deportivos...
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, transmitiu hoxe as súas condolencias á familia de Juan Camilo Mouriño. A través dun telegrama, o xefe do Executivo galego quixo trasladar á familia de Mouriño a súa solidariedade en momentos de «profunda dor» e ofrecerlle todo o apoio do Goberno galego en todo o que precise.
O xefe do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero , reiterou ao presidente de México, Felipe Calderón, o seu respaldo «absoluto e pleno» na loita contra o crime organizado e a súa solidariedade polo falecemento do ministro de Gobernación. Zapatero expresou a súa dor e o do pobo español polo «duro golpe» que representou a morte de Mouriño. «Estamos moi afectados. Penso transmitirllo persoalmente ao presidente Calderón, que lidera unha encomiable batalla contra o crime organizado e a delincuencia do narcotráfico, e que conta co respaldo absoluto e pleno e a solidariedade do Goberno español», afirmou.
Tamén transmitiu as súas condolencias á familia Mouriño o embaixador de México en España, Jorge Zermeño Infante, que destacou a gran conmoción que orixinou en México o falecemento de Juan Camilo.
O presidente do PP, Mariano Rajoy, suspendeu a visita que tiña previsto iniciar hoxe a México. Fuentes do PP informaron da decisión de Rajoy, quen transmitiu as súas condolencias ao presidente de México, Felipe Calderón, e ao Partido de Acción Nacional (PAN) .