VIGO (MORRAZO-tribuna).- O concelleiro de Cultura, Xesus López, salientou esta fin de semana que máis de 150 persoas están xa inscritas nas terceiras Xornadas do Audiovisual, organizadas polo IES Audiovisual, e que se celebrarán no edificios municipal do Areal do 25 ao 27 de novembro. “Os retos e os obxectivos do audiovisual son os eixos centrais destas xornadas”, explicou o edil do BNG, quen sinalou que nos relatorios participarán especialistas en diversas materias, dende piratería á produción audiovisual en Galiza.
Xesus López explicou que as terceiras Xornadas do Audiovisual tratarán de dar resposta a “cuestións fundamentais do sector do audiovisual na actualidade”, e ao respecto mencionou a piratería ou o incremento de producións audiovisuais nun momento no que o público disminúe. Ademais, o edil nacionalista sinalou que, dada a boa resposta da convocatoria, con máis de 150 persoas xa inscritas, a celebración das xornadas será un “gran éxito”.
“Temos que agradecer ao Concello de Vigo e en especial ao concelleiro de Cultura polo seu apoio á hora de desenvolver este proxecto”, destacou o director do IES Audiovisual, Rogelio Mariño, quen engadiu que nos diferentes apartados do programa se tratarán os problemas actuais do audivisual. Neste sentido, a integrante da organización, María Salgueiro, explicou que o martes, día 25, tras a inauguración oficial ás 16.30 horas, terán lugar dúas meses redondas, unha ás 17.15 horas sobre “Os novos parámetros da produción cinematográfica”, e outra ás 18.45 horas sobre “O futuro do sector audiovisual en Galicia”.
O mércores 26 de novembro celebrarase, ás 16.30 horas, unha charla coloquio titulada “Tendencias e perspectivas da produción televisiva”, e ás 17.45 horas unha mesa redonda que leva por título “As novas pantallas e o espectador”. Xa o xoves, día 27, ás 16 horas terá lugar unha mesa redonda baixo o título “Xestionando a cultura audivisual” e ás 18 horas unha conferencia sobre “Creación e propiedade intelectual na era tecnolóxica”.
O membro da organización Darío Carrera explicou que as xornadas están dirixidas a un público profesional do sector audivisual, así como aos estudantes de comunicación audiovisual, xornalismo, publicidade, e imaxe e son, co obcectivo de “esclarecer dúbidas sobre o sector audivisual no seu futuro inmediato”.