22 noviembre 2008

LOUZÁN PRESENTA OS NOVOS VESTIARIOS E ILUMINACIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE PRÍNCIPE FELIPE NO QUE A DEPUTACIÓN INVESTIU 150.000 EUROS

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación de Pontevedra ven de acometer melloras nas instalacións deportivas da Cidade Infantil Príncipe Felipe cun investimento de 150.000 euros. As obras executadas consistiron na dotación dun vestiario e iluminación ó campo de fútbol de herba natural existente no complexo.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, achegouse hoxe ata estas instalacións para presentar e comprobar o resultado final dos traballos executados.
A nova iluminación está formada por catro torres de 20 metros de altura e con seis proxectores de 1000 vatios cada un o que supón un total de 24.000 vatios de potencia. Non obstante, compre destacar que o sistema dispón dun regulador que posibilitará controlar o fluxo de potencia en función das necesidades.
Os vestiarios son prefabricados e están situados nun dos fondos do terreo de xogo. Están dotados de dous vestiarios para os equipos, un vestiario para o árbitro e un almacén. Dispoñen, ademais, de auga quente e fría, saneamento e rede eléctrica. Para a instalación destes módulos a Deputación tivo que construír previamente unha base de formigón con solera e bigas.