COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- A Consellaría do Medio Rural concedeu este ano un total de 132.000 euros a diversas entidades sen ánimo de lucro para a formación agroforestal de colectivos desfavorecidos e en grave risco de exclusión social e laboral. Medio Rural incrementou neste 2008 a cantidade destinada na convocatoria de 2007 (78.000 euros) e ampliou ademais o espectro de entidades beneficiarias. Este ano, ademais de propostas formativas destinadas a colectivos afectados por discapacidades ou limitacións psíquicas ou físicas, nas que se centrou a convocatoria de 2007, tamén se apoiaron iniciativas doutros segmentos de poboación en risco de exclusión ou con dificultades para a integración no mercado de traballo (persoas inmigrantes, mulleres, parados de longa duración, mozos en situación de fracaso escolar...).
Dende 2006 Medio Rural está a reorientar a liña de subvencións existente en anos anteriores para entidades sen ánimo de lucro. Comezou readaptándoa aos obxectivos actualmente prioritarios na Consellaría e, dende 2007, decidiu centrala en colectivos especialmente desfavorecidos e con dificultades graves de inclusión no medio rural, en consonancia cos fins do Fondo Social Europeo, que financia nun 80 por cento esta acción. “Tentamos potenciar as capacidades de colectivos con dificultades de inserción sociolaboral e contribuír a incrementar, ademais, as posibilidades de integración no contorno rural. Estas accións proporciónanlles aos usuarios unha formación de carácter profesional e danlles a posibilidade de obter un diploma oficial que o acredite”, afirma Gonzalo Flores, director xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal.
Das 22 entidades receptoras, a maior parte, un total de 13, centraron os seus esforzos na atención a colectivos afectados por diversas discapacidades, sobre todo de carácter intelectual e psíquica, e 9 orientaron a súa proposta de forma mixta a diversos segmentos desfavorecidos ou en risco de exclusión social. Todas elas foron beneficiadas coa axuda máxima prevista na convocatoria de 6.000 euros.