02 noviembre 2008

REFORZAN OS SERVIZOS DE TRANSPORTE PÚBLICO NO CONCELLO DE MOS E A SÚA CONEXIÓN CON VIGO

MOS (MORRAZO-tribuna) .- A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes reforzará, a partires do vindeiro luns, día 3, os servizos de transporte público que operan no Concello de Mos, tanto no que atinxe á mobilidade entre os seus núcleos de poboación como ás conexións coa cidade de Vigo.
Ese reforzo, que é previo á posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano para a área de Vigo, suporá un incremento de 5 viaxes de ida e 5 de volta de luns a venres laborables durante un período de 3 meses. Cómpre salientar que se trata dunha iniciativa de carácter experimental e que responde a un acordo entre a Dirección Xeral de Transportes, o Concello de Mos e a empresa concesionaria do servizo, Auto Industrial.
Os horarios das dez novas expedicións serán os seguintes:
Saídas Mos: 7:30 , 9:30, 12:00, 16:00 e 19:00
Saídas de Vigo: 9:00, 10:30, 12:00, 13:00 e 20:00
As expedicións farán o seguinte percorrido:
Rotonda das Angustias-Rivada, Ameirolongo-Celso Míguez, Santa Marta-Cruce, Garaxe de Constante, Cruce Torroso, A Ponte Seca, Iglesia de Louredo, Churrasquería González, Casa Herminia, Os Valos-DICARVI, Arrufana, Santiaguiño, As Coviñas, Transformador-Cruce Iglesia, Bar o Cruzeiro, Cruce de Cerdedelo, Peinador/Farmacia, Cruce de Dornelas, Centro Desarrollo Local de Mos, Puxeiros-Banco de Galicia, Centro Médico de Mos, Meixoeiro e Vigo.