REDONDELA/COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e a Fundación Illa de San Simón veñen de editar un monográfico sobre o arquipélago situado na enseada de Rande baixo o nome “Illas de San Simón e San Antonio, a recuperación dun sitio histórico”. O director Xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, e o xerente da Fundación Illa de San Simón, Xabier Méndez, presentan hoxe ás 17.30h no Auditorio Multiusos os dous volumes e o DVD que recollen o devir histórico e proceso de revalorización deste punto da ría de Vigo.
O primeiro tomo, con presentación da conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, repasa en catro capítulos as etapas da vida do arquipélago, cunha cronoloxía que abrangue a súa evolución desde a Prehistoria ata a actualidade deténdose nos puntos máis coñecidos como a Batalla de Rande (asinado por Jorge Guitián), o asentamento dun lazareto marítimo (Javier Luaces e Cristina Toscano), e a reutilización da illa como cadea (Antonio Caeiro, Juan A. González, Clara María de Saá, e José María Álvarez Cáccamo).
O outro volume expón o proxecto de recuperación das illas: a rehabilitación das súas instalacións e a súa dignificación ao convertelas nun espazo público con nome propio dentro da memoria histórica colectiva.
En total suman case setecentas páxinas que constitúen un exhaustivo repaso polos episodios máis importantes do enclave, así como a labor emprendida pola Consellaría de Cultura e Deporte por recobrar o seu uso público e declarala a “Illa da Memoria”. Xunto cos dous volumes, a edición consta dun DVD de algo máis de 40 minutos de duración nos que se recompila a información exposta nos dous volumes con abundante material audiovisual.
A recuperación do arquipélago
O volume dedicado ao plan director de San Simón comeza coa presentación do seu autor, o arquitecto César Portela. O tomo está estruturado seguindo as intervencións realizadas, achegando abundante material fotográfico do estado de abandono da illa antes da intervención e que se contrapón ás instantáneas actuais. Xunto coas imaxes e os planos dos edificios, un pequeno texto explica o uso anterior e a nova función de cada unha das instalacións: os antigos barracóns, hoxe reconvertidos no edificio de Cursos e Seminarios; o pavillón de aloxamento da pasaxe de segunda na época do lazareto, agora a Casa da Cultura e dos Deportes do mar; a lavandeiría rehabilitada como auditorio multiusos; e o antigo pavillón de enfermos, na actualidade Centro de Interpretación e Documentación.
Ademais das edificacións, o libro recolle varias reportaxes fotográficas nas que aborda de forma específica a paisaxe e o contorno da illa. No apartado “Os espazos exteriores” retrata a natureza da liña da costa e os xardíns ao aire libre; en “Esculturas” repasa as numerosas pezas escultóricas que habitan a illa e os seus arredores, como o cruceiro da ría e a estatua do capitán Nemo; en “A Botánica” recompila imaxes das diversas especies vexetais que poboan no arquipélago, concebido como un pequeno xardín botánico, e entre as que salienta a beleza centaria do “Paseo dos Buxos”; na “A contorna das illas” móstrase o Ría como protectora do arquipélago; e por último “A Illa de noite” presenta outra cara sobre as imaxes máis coñecidas do enclave.
Entre as reportaxes intercálanse colaboracións de diversos autores, como Alfonso Pexegueiro, Arturo Ruibal, Carlos Martí, Francisco Morgán, Damián Álvarez Sala e José Fortes, relacionadas coa historia e paisaxe de San Simón.