BARCELONA (MORRAZO-tribuna).- O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, afirmou hoxe que Galiza aspira a acadar un novo horizonte político no que ampliar o seu autogoberno e que este debe ter a súa máxima expresión nun Estatuto de Nación. Para Quintana, este novo Estatuto é a principal infraestrutura sobre a que construír o futuro de Galiza, polo que o país non pode renunciar a elaborar unha carta estatutaria que recolla novos dereitos, liberdades e recursos artellada para ampliar o autogoberno.
Esta é a nova fronteira do autogoberno en Galiza, tal como explicou hoxe Anxo Quintana no decurso dunha charla coloquio na que participou en Barcelona e na que expuso a actual situación que vive o país logo de que o nacionalismo chegara ao Goberno da Xunta, así como os principais retos aos que se enfronta o país.
“Como nacionalista estou convencido de que o autogoberno ten que servir para reforzar e fortalecer a nosa identidade, e nun mundo globalizado un pais que non é capaz de defender e aproveitar a súa identidade acaba sendo un mero consumidor das culturas e identidades de outros”, explicou Quintana na súa intervención, quen afirmou que neste sentido “xa temos ganado un sitio no mundo”. Neste punto, lembrou que o autogoberno non pode limitarse só a refrendar a identidade dun país, senón que debe ter como obxectivo crear benestar para os cidadáns, “senón non merece a pena”. Por iso, remarcou a importancia de avanzar no autogoberno para xerar benestar para os cidadáns creando emprego, riqueza e igualdade, un avance que debe materializarse nun novo Estatuto, “un Estatuto de nación”.
Quintana referiuse tamén á actual configuración do Estado español e explicou que se trata dun modelo asimétrico no que Galiza non pode cometer o erro de quedar onde non lle corresponde. “Temos que estar na liga das nacións e temos que ter un estatuto que así o recoñeza”, subliñou. Pero para Quintana esta non é unha simple reivindicación nacionalista e lembrou que Galiza ten recoñecida hoxe na Constitución Española a súa condición de nacionalidade histórica grazas ao traballo realizado por Castelao e o Partido Galeguista, que se empeñaron no 1936 en refrendar e plebiscitar o Estatuto. Así, apelou a continuar o traballo neste senso, porque “agora non vai a vir Castelao no noso rescate, senón que somos nós os que temos que poñer os nosos medios para manter iso que Castelao conseguiu no 36 para Galiza”.
Estatuto de nación
Os retos que se presentan para o futuro de Galiza fan preciso elaborar un novo Estatuto que teña no consenso a súa materia prima e que convoque ao seu redor as forzas máis dinámicas e transformadoras de Galiza. “Quero un novo Estatuto para Galiza que sexa un Estatuto de todos e todas” salientou Quintana, quen lamentou que esta opinión non sexa compartida polo PP, xa que na última semana o líder en Galiza propuxo a elaboración dun novo Estatuto froito do pacto entre o PP e o PSOE deixando á marxe ao BNG. “Eu confío e sei da intelixencia dos galegos e as galegas, e sei que queren a un presidente que una ao pais, que una aos cidadáns e ás forzas políticas, e non unha persoa disposta a dividir ao país entre bos e malos, entre os que están ao meu favor ou na miña contra”, concretou Quintana, quen lembrou que “o futuro de Galiza está nos seus cidadáns e na ambición para conseguir todos os retos que temos diante”.
Neste punto, o vicepresidente da Xunta detallou as características que debe ter este novo Estatuto de Galiza, un documento co que reforzar a identidade; co que Galiza ocupe o lugar que lle corresponde no Estado; que blinde o seu ámbito competencial, con máis posibilidades de goberno e máis instrumentos para xerar benestar e co que executar as competencias sen interferencias e sen ter que acudir de cotío ao Tribunal Constitucional; e no que se recolla un novo modelo de financiamento baseado nunha maior corresponsabilidade. En definitiva, este novo Estatuto ten que situar a Galiza ao mesmo nivel que as demais nacións do Estado, ampliando e blindando o seu ámbito competencial e permitíndolle aos galegos e galegas corresponsabilizarse do seu futuro, ao tempo que contribúen democraticamente a redefinir o seu marco relacional co Estado e coa Unión Europea.
Concretamente en materia de financiamento, Anxo Quintana lembrou que, como se ten dito en máis de unha ocasión, “non hai autonomía política se non hai autonomía financeira”, pero rexeitou de cheo querer entender ou caricaturizar a Galiza como un país pobre que ten que vivir da solidariedade do Estado, “porque iso non é certo”. Así, aínda que recoñeceu que “somos un país con problemas estruturais”, lembrou que a balanza co Estado non nos deixa a mercede do mesmo, “temos recursos e podemos facelo”. Por iso, avogou por un modelo de financiamento “que nos dote de instrumentos para autoresponsabilizarnos do noso futuro” e lembrou que hoxe en día non estamos nun modelo de Estado máis descentralizado. Neste senso, puxo como exemplo que o Estado ingresou en Galiza no ano 2006 un total de 11.000 millóns de euros en concepto de impostos, pero nese mesmo ano lle trasladou non máis de 7.000 millóns, un exemplo dun cobro centralizado no que “os cartos se levan a Madrid e cando os devolven nos din que é solidariedade”. “Xa basta deste xogo”, aseverou Quintana, quen deixou claro que asumir competencias ten que levar aparellado asumir posiblidades de financialas.
Avanzar no autogoberno
No encontro o vicepresidente da Xunta lembrou que desde a entrada en vigor do Estatuto de Autonomía de 1981 a xestión do autogoberno recaeu na formación política menos partidaria do mesmo, como é o PP. Así, para Quintana o Goberno galego renunciou a cumprir un papel director na definición e no desenvolvemento de políticas públicas no eido da economía e de benestar, entre outros, unha situación que provocou o debilitamento do autogoberno do país. Minguou o peso das decisións públicas, das políticas públicas, da defensa dos intereses de Galiza e púxose de manifesto a falta dunha estratexia de reforzamento dos servizos públicos de carácter educativos, sanitarios e do benestar.
Para Quintana esta situación de “pasividade” foi derrotado socialmente en 2002 pola marea cívica que representou Nunca Máis, que non aceptou o abandono e a falta de compromiso con Galiza, e que aspiraba a un réxime de autogoberno confiando nas súas xentes. Esta situación trasladouse logo ao eido electoral, cando no ano 2005 a cidadanía galega certificou nas urnas o cambio político en Galiza, un cambio democrático co que, segundo apuntou Quintana, imprimir unha nova dirección política no autogoberno galego. “Déronnos o seu apoio para ampliar o autogoberno como garantía dos nosos dereitos políticos, sociais e da normalización da nosa lingua e cultura”, afirmou.
Neste tempo de lexislatura, a acción do Goberno galego artellouse ao redor de dous eixes principais: poñer as capacidades do autogoberno ao servizo da economía produtiva e facer do autogoberno a forza de avance do benestar e a igualdade de oportunidades.
Economía produtiva
Neste punto, o vicepresidente Quintana referiuse a aposta da Xunta pola economía produtiva, dando resposta a tres necesidades estratéxicas: recuperar o medio rural como espazo produtivo; definir unha política para a explotación dos recursos enerxéticos como factor de diversificación e reforzamento das actividades industriais galegas; e reforzar as capacidades competenciais dos sectores da economía que contan cun maior potencial expansivo.
Entre as medidas postas en marcha para frear o desequilibrio e a fractura territorial e social entre o mundo urbano e o rural, apostando pola reactivación económica deste último, destaca a posta en marcha do Banco de Terras, o incremento dos investimentos en infraestruturas, os programas para a sustentabilidade das explotacións agrarias e as iniciativas para a incorporación dos mozos e mozas á actividade agraria, entre outras.
En materia enerxética, o Goberno galego iniciou unha nova política que se basea no compromiso coas enerxías renovables e no reinvestimento dos beneficios da explotación dos recursos enerxéticos. O Plan Enerxético Galego 2007-2012 obedece a estas liñas e, xunto co novo Decreto de Regulación do aproveitamento da enerxía eólica, deseñan un novo horizonte no aproveitamento dos extraordinarios recursos enerxéticos do país.
O terceiro fronte para reforzar a economía produtiva pasar por acrecentar a capacidade competitiva das empresas galegas, un obxectivo para o cal é preciso apostar por un modelo competitivo baseado na diferenciación e na tecnoloxía, así como na calidade dos produtos. Neste punto, Quintana fixo referencia a iniciativas tan importantes como o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2006-2010, a Rede de Parques Científicos e Tecnolóxicos de Galiza ou o Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información, entre outras.
Autogoberno para o benestar
Os avances do autogoberno en Galiza foron canto máis significativos no tocante ás melloras do benestar e a calidade de vida dos galegos e das galegas. Segundo explicou o vicepresidente Quintana, as políticas de economía do benestar baséanse no convencemento de que canta maior sexa a igualdade e a cohesión social de Galiza máis sostible será o noso crecemento económico e máis sólida será a nosa economía produtiva.
Por este motivo, o Goberno galego ten feito importantes esforzos materializados no Plan Sectorial Galego de Solo Residencial, na construción de vivenda protexida e na creación e consolidación dun Sistema Galego de Benestar como unha rede de atención social sólida e con garantías, ao que dará consistencia normativa a Lei Galega de Servizos Sociais que será aprobada a vindeira semana no Parlamento, como exemplo do novo tempo para as políticas sociais en Galiza. Neste momento 50.000 persoas están sendo asistidas polos distintos programas e servizos recollidos no Sistema Galego de Benestar, unha cifra que ascenderá ata as 60.000 persoas ao remate da lexislatura.
“Estamos a construír a cuarta pata do Estado do Benestar: o Sistema Galego de Benestar”, salientou Quintana, quen se referiu a este como una rede pública de programas, servizos e centros para o servizo e protección da xente que máis o precisa. Ao mesmo tempo, lembrou que este sistema vai máis alá, xa que se presenta tamén como un activo instrumento para a creación de emprego de calidade.
Economía fronte a crise
O vicepresidente da Xunta quixo tamén referirse nas súas palabras á actual crise económica e afirmou que o traballo desenvolvido polo nacionalismo no Goberno galego, que converteu a Galiza nun espazo de decisións políticas propias, fixo posible que o país se atope agora en mellores condicións para encarar este contexto de crise. Para Quintana, a actual crise puxo de manifesto que as economías menos vulnerables son as de aquelas nacións que fixeron valer o seu autogoberno para impulsar políticas económicas propias asociadas a un proxecto de país. “Ese é o camiño emprendido por Galiza”, subliñou.
Neste punto, Quintana volveu a referirse á importancia de constituír un organismo galego de crédito oficial que unifique todos os instrumentos de acompañamento empresarial que ten actualmente o Goberno galego, e que lle dea participación ás entidades de capital risco das caixas de aforro galegas.
Asemade, Anxo Quintana apuntou tamén a necesidade de avanzar, no ámbito financeiro, nunha reforma da lei reguladora das caixas de aforro, co obxectivo de intensificar o seu compromiso coa economía produtiva. Esta actuación faise precisa porque, para Quintana, calquera acción de goberno que queira acadar impactos positivos nas súas políticas fronte a recesión ten que facer da concertación de esforzos coas organizacións da sociedade civil e os axentes económicos un eixe central da súa estratexia. “Sumar esforzos é un requirimento de eficacia das políticas económicas e sociais. E ese é a estratexia que queremos intensificar no horizonte do 2009”, remarcou.
Modelo de financiamento
Consultado sobre as negociacións para acadar un novo modelo de financiamento no Estado, o vicepresidente da Xunta manifestou que considera equivocado o feito de que teña que tratarse dun modelo igual para todos. Así, reivindicou o seu dereito, como nacionalista, de solicitar outro sistema de financiamento pero afirmou que, aínda no caso de ter que aceptar un modelo igual, “o mínimo a esixir é que ese modelo fóra igual para todos no resultado, e non nos instrumentos a aplicar, porque somos realidades distintas”.
Así, Quintana puxo como exemplo a Galiza e Catalunya, con realidades económicas e financeiras totalmente diferentes. Por iso, o feito de aplicarlles os mesmos instrumentos “sería malo, tanto para un como para o outro, ou mesmo para os dous”. Tal como explicou, Catalunya ten un nivel de suficiencia financeira para o que é aceptable por parte do Estado o traslado do 50 por cento do IRPF, pero en Galiza precísase doutros instrumentos, polo que “o lóxico é ir a un modelo no que sexamos todos iguales, pero iguales no resultado final”.