VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha orde pola que se convocan axudas destinadas á realización de proxectos piloto dirixidos á adquisición e difusión de novos coñecementos técnicos. Estas actividades serán levados a cabo por un axente económico, unha asociación comercial recoñecida ou calquera outro organismo competente, en colaboración cun organismo científico ou técnico.
Concretamente, poderán acollerse a esta medida aqueles proxectos piloto que teñan como obxectivo probar, en condicións próximas ás reais do sector produtivo, a viabilidade técnica ou económica dunha tecnoloxía innovadora co fin de adquirir e divulgar coñecementos, así como os que perseguen o desenvolvemento e a proba de métodos para mellorar a selectividade das artes de pesca, reducir as capturas accesorias, os descartes ou o impacto ambiental, en particular no fondo mariño.
Así mesmo, optarán a estas subvencións as actuacións que busquen permitir a realización de probas sobre plans de xestión e asignación do esforzo pesqueiro, incluído o establecemento de zonas de veda, co obxecto de avaliar as consecuencias biolóxicas e financeiras e a repoboación experimental, xunto cos proxectos piloto para probar outros tipos de técnicas de xestión pesqueira.
O orzamento para levar a cabo esta media ascende a 1.350.000 euros (cofinanciados co Fondo Europeo da Pesca) na convocatoria de 2008, dos de 700.000 euros corresponden ao actual exercicio, mentres que 350.000 euros serán para o ano 2009 e os 300.000 euros restantes, para 2010. Ademais, en cada anualidade sucesiva ata 2013 fixarase, a través unha orde complementaria, o crédito plurianual existente.
Os beneficiarios destas axudas poderán ser as empresas, as cooperativas ou as asociacións empresariais e de cooperativas recoñecidas, sempre que o seu obxecto social teña relación directa coas finalidades do proxecto piloto. Así mesmo, poderán optar a estas subvencións as organizacións de produtores pesqueiros e as entidades de interese colectivo ou os centros tecnolóxicos ou calquera outro organismo de investigación con participación privada maioritaria.