COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- “Quero comunicarlles, e así llo trasladei a Pierre Ianni e aos representantes do Clúster da Automoción, que o vindeiro martes se producirá en Galicia, en Santiago de Compostela, a xuntanza do Ministerio de Industria coas comunidades autónomas que teñen unha forte implantación do sector do automóbil. Unha xuntanza da que espero que poidan saír accións concertadas e coordinadas no ámbito español e no ámbito das comunidades autónomas”. Así o avanzou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, logo de reunirse con Pierre Ianni, director do centro PSA Peugot-Citröen e con representantes do Clúster de empresas de automoción de Galicia (CEAGA).
“Téñenme escoitado dicir que a recuperación e a saída da crise non depende de ningunha medida illada, senón da capacidade de reacción concertada e coordinada no marco dunha economía que é global, está internacionalizada e que é interdependente”, afirmou o máximo mandatario autonómico. Polo tanto, aseverou que “solicitei, e así foi decidido por parte do ministro de Industria facer esta primeira xuntanza, a primeira que se realiza nesta especie de foro do automóbil no ámbito da España das autonomías, o próximo martes”. Nese sentido resaltou a necesidade de “tomar medidas e decisións urxentes, rápidas e intensas”.