VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Comunidade galega rexistrou o pasado mes de setembro 5 accidentes en xornada de traballo con resultado de morte. Respecto ao mesmo mes de 2007 produciuse un descenso deste tipo de sinistros en todas as provincias galegas, agás en Ourense onde se rexistrou un accidente deste tipo.
En concreto, en Pontevedra producíronse dous accidentes con resultado de morte e en Lugo e A Coruña un en cada provincia. Pola súa banda, Ourense foi a única provincia galega que aumentou este tipo de sinistralidade ao pasar de ningún accidente mortal en setembro de 2007 a un neste mes de 2008.
Os accidentes laborais mortais descenderon en todos sectores, agás no sector servizos.
Cómpre subliñar que a estes 5 accidentes mortais en xornada de traballo hai que engadir 2 máis, que se produciron in itinere (ocorridos ao ir ou regresar do traballo).