17 enero 2009

El PP de Redondela acusa a la Xunta de echarse a la bartola en la ejecución del centro de día de Cesantes

REDONDELA (MORRAZO-tribuna).- Os populares verificaron que o terreo está deserto e carece de toda actividade constructiva . O Partido Popular de Redondela visitou fai uns días o soar situado en Cesantes no que desde a Xunta se anunciou en 2007 a construcción dun centro de día. Ditas obras, que deberían haber comezado como moi tarde o ano pasado, dacordo có anunciado desde a administración autonómica, non se iniciaron.

O popular Miguel Álvarez acudiu ao lugar onde deberan situarse as instalacións sociais e constatou a inexistencia de toda actividade constructiva nos terrenos, nos que non se leva feito absolutamente nada para que un centro de día tan necesario como o da parroquia de Cesantes, se faga realidade.

O edil popular recorda que o terreo foi cedido por Cáritas á Xunta para que acometera este proxecto social e que sendo unha dotación de primeira necesidade, habida conta do número de demandantes deste servizo, a súa construcción debería ser unha prioridade no lugar de ir a parar ao caixón rebosante de promesas incumplidas do actual goberno da Xunta. O edil popular sinala que ao paso que va, nunca será unha realidade e que non resultan xustificables tantos retrasos pois se xeneran falsas expectativas entre os cidadáns que agardan o seu pronto funcionamento.

Álvarez recorda que en Redondela son moitas as deceas de persoas que sofren unha gran dependencia e que a pesar de que o centro de día de Cesantes non será suficiente para satisfacer a demanda existente, é unha obra que debera estar en marcha no menor plazo, por iso reclama o seu inmediato comenzo e esixe que a súa posta en servizo se realice canto antes.