VIGO (MORRAZO-tribuna).- A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este venres a posta en marcha do dispositivo temporal de acollida de emerxencia na antiga Escola de Hostelería, ubicada na rúa Cánovas del Castillo. Segundo a edil do BNG esta instalación terá unha capacidade de vinte prazas e a hora de entrada será de 22 a 24 horas “para non interferir no descanso das persoas que alí se atopen”.
María Méndez explicou que esta é unha iniciativa que vén a complementar as alternativas xa existentes que está destinada “a que a xente máis necesitada poidan descansar baixo teito” e que dará acollida todos os días da semana. Segundo a concelleira de Benestar Social, trátase dunha “medida temporal que non pode equipararse ao futuro albergue”, posto que este ten un carácter máis amplo, e que en principio estará habilitado ata o 15 de marzo.
Estas instalacións de Cánovas del Castillo (número 2, 2º) estarán abertas de 22 da noite a 8 da mañá, sendo o horario de entrada de 22 a 24 horas. Tras a saída ás 8 da mañá, as persoas aloxadas nestas dependencias seguirán recibindo atención nos distintos dispositivos de calor café que organiza Benestar Social. Segundo a edil nacionalista a difusión da posta en marcha desta medida xa foi realizada mediante o envío dun correo masivo e de faxes as ONG que traballan con persoas indixentes, así como a Policía Local.