18 enero 2009

O PP interpreta que cada novo episodio que sae á luz sitúa nunha posición máis delicada a Pachi Vázquez como responsable das irregularidades de Sogama

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- Nuevamente el PP y sus razonamientos sobre el llamado "caso Pachi" : "A imputación do anterior conselleiro delegado de Sogama no procedemento xudicial aberto polas diferentes irregularidades cometidas por esa empresa pública estreita aínda máis o cerco sobre o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, como máximo responsable desas anomalías. A pesar de que ten coñecemento puntual de todas esas irregularidades desde hai meses, non só non adoptou medida algunha para corrixir a situación e poñerlle fin ás anomalías, senón que as negou insistentemente cada vez que foron denunciadas polo PPdeG e respaldou publicamente ao presidente de Sogama, José Álvarez, a pesar da gravidade das sospeitas que recaen sobre el".

Coa imputación do anterior número 2 de Sogama, o PPdeG interpreta que “só resta un eslabón da cadea para chegar a Manuel Vázquez como máximo responsable desta trama” Son palabras do portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, que agrega que cada nova evidencia do “Caso Pachi” non só incrementa as sospeitas sobre o conselleiro de Medio Ambiente, senón que deixa tamén en evidencia ao presidente da Xunta por non investigar o sucedido e depurar responsabilidades no seu Goberno.
Nesta liña, o portavoz parlamentario do PPdeG pregunta a Pérez Touriño cando pensa cursar instrucións á Consellería de Economía para que investigue a adxudicación irregular dun contrato por valor de 19 millóns de euros efectuada polo presidente de Sogama e canto tempo máis pensa manter no seu Goberno ao responsable político dun suposto delito ecolóxico que o Código Penal castiga con penas de cadea.