VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente e o vicepresidente do Club Deportivo Moaña, Cándido Blanco e Ramiro Fervenza, acompañados polo deputado autonómico, José Fervenza, mantiveron hoxe unha entrevista co presidente da Deputación, Rafael Louzán, para manifestarlle o seu temor de que o clube non dispoña dun campo para a vindeira tempada en vista de que, agora, o Concello pretende acometer o traballo con fondos estatais.
Louzán reiterou o compromiso xa adquirido co clube de iniciar a construcción do campo <ó día seguinte de que o alcalde de Moaña asine o convenio e nos autorice a entrar no estadio>. Indicou que a construcción do campo de fútbol de O Casal será adxudicada a vindeira semana nun lote de 15 novos campos de fútbol de herba sintética que a Deputación vai a construir en diversas localidades da provincia.
Louzán remiteu hoxe mesmo unha carta ó alcalde de Moaña para que poña data para a sinatura do convenio _a Deputación aportará o 75% do presuposto dos máis de 368.000 euros que costa a obra_ e posibilite deste xeito a entrada no campo da empresa constructora.
Os directivos do Moaña temen que o Concello perda os fondos estatais pois o prazo remata o día 24. O presidente do clube dixo que . Os directivos non entenden a qué ven este cambio de rumbo municipal .
Pola súa banda, o deputado Fervenza considerou que, se non se actúa rápido, se vai a perder a axuda da Deputación. Dixo que o Concello estaba xogando coas familias afectadas e pideu ó alcalde.
Louzán reiterou o compromiso xa adquirido co clube de iniciar a construcción do campo <ó día seguinte de que o alcalde de Moaña asine o convenio e nos autorice a entrar no estadio>. Indicou que a construcción do campo de fútbol de O Casal será adxudicada a vindeira semana nun lote de 15 novos campos de fútbol de herba sintética que a Deputación vai a construir en diversas localidades da provincia.
Louzán remiteu hoxe mesmo unha carta ó alcalde de Moaña para que poña data para a sinatura do convenio _a Deputación aportará o 75% do presuposto dos máis de 368.000 euros que costa a obra_ e posibilite deste xeito a entrada no campo da empresa constructora.
Os directivos do Moaña temen que o Concello perda os fondos estatais pois o prazo remata o día 24
Pola súa banda, o deputado Fervenza considerou que, se non se actúa rápido, se vai a perder a axuda da Deputación. Dixo que o Concello estaba xogando coas familias afectadas e pideu ó alcalde