SALVATERRA DO MIÑO (MORRAZO-tribuna).- Segundo o responsábel local do BNG de Salvaterra Xosé Antonio Otero, ser un traballador honesto, transparente, obxectivo e coa oposición gañada con esforzo; non ter preferencias partidistas e tentar facer cumprir ou asesorar para que se cumpra escrupulosamente a legalidade no Concello de Salvaterra, non foi suficiente para que o que foi Secretario do Concello durante os últimos tres anos puidese continuar desempeñando as súas funcións.
Para o alcalde Arturo Grandal traballar con este tipo de persoas é moi incómodo. Aproveitando cuestións administrativas consegue que non siga no seu cargo e ademais que a praza quede vacante para poder nomear a dedo a quen lle pete, situación na que se sente moito máis a gusto.
O BNG de Salvaterra quere agradecer o traballo e actitude amosado polo xa exsecretario nestes anos a deséxalle moita sorte no seu novo destino.