COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- O economista Pedro Arias incorpórase ao equipo económico dos populares galegos e concorrerá ás Eleccións Autonómicas como número 2 da candidatura do PPdeG pola provincia da Coruña, segundo anunciou este mediodía o líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo.
A incorporación de Pedro Arias acredita, en opinión de Feijóo, que o PPdeG é capaz de incorporar a “xente con criterio”. Pero avala, tamén, que o PPdeG, “ten un equipo económico para a crise”, no marco dunha estratexia de chamamento a economistas, a expertos en economía social, a expertos en financiamento, a expertos no crédito e na banca “para conformar o equipo económico que nos ten que sacar da crise económica na que inmerecidamente o pobo galego está inmerso”.
A incorporación de Pedro Arias acredita, en opinión de Feijóo, que o PPdeG é capaz de incorporar a “xente con criterio”. Pero avala, tamén, que o PPdeG, “ten un equipo económico para a crise”, no marco dunha estratexia de chamamento a economistas, a expertos en economía social, a expertos en financiamento, a expertos no crédito e na banca “para conformar o equipo económico que nos ten que sacar da crise económica na que inmerecidamente o pobo galego está inmerso”.
Feijóo anunciou que ese equipo económico estará “disposición de gobernar a partir do 2 de marzo”, xa que, engadiu, “non imos pedir tempo; non hai tempo; vamos gobernar ás 24 horas de que se pechen as urnas”.
PROGRAMA E EQUIPO DE GOBERNO
Nesta líña, o líder dos populares galegos avanzou que, para acadar a confianza maioritaria das galegas e dos galegos, o PPdeG preséntase respaldado por “un programa de Goberno e un equipo de Goberno no que queda claro xa que o equipo económico do PPdeG non é só unha quimera; ten caras, ten nomes, ten persoas, ten curriculum, e ten a experiencia e vontade de afrontar unha situación de extraordinaria dificultade que estamos atravesando”.
Destacou Feijóo que PPdeG “está a sumar novas persoas ao seu proxecto; ten un proxecto cuns principios claros e definidos, pero que á vez é un proxecto útil e válido para calquera cidadán, lonxe da militancia política e incluso orixes ideolóxicos”.
Incorporacións como a de Pedro Arias, ou como o foi previamente a de Luis Carrera, poñen de manifesto que o PPdeG articula un “proxecto capaz de ilusionar e enganchar a quen se sentía desilusionado e desenganado coa actual política”.
Nun acto celebrado na sede provincial do PPdeG na Coruña –“cidade de vangarda, liberal e aberta”- o líder dos populares galegos felicitouse de poder contar con Pedro Arias, “unha excelente incorporación para o partido; pero, sobre todo, será unha excelente suma para o conxunto da cidadanía de Galicia”, ao servizo da cal porá o seu coñecemento, ideas e experiencia.
GOBERNAR PARA TODOS
Na súa intervención, Feijóo reiterou que o PPdeG quere, en canto chegue á Xunta, “ser o Goberno de todos e gobernar para todos”. Insistou en que os populares galegos concurren ás Eleccións autónómicas “cun proxecto unido, cun equipo unido, renovado e ilusionante, que non distraerá as atencións en outra cousa que non sexa gobernar desde o 2 de marzo; sen rodaxe e sen pedir segundas oportunidades”.
Se ben estivo alonxado da vida política, Pedro Arias ten demostrado a súa capacidade de xestión en diferentes ocasións, como cando participou, na anterior lexislatura, na elaboración das Directrices do Territorio, cando Feijóo foi conselleiro de Política Territorial. “Un traballo tan ben feito –recordou Feijóo- que, ao bipartito, por máis que sempre quixo desligarse de todo o que significaba a xestión do PPdeG, non tivo outro remedio que copiar ao 90%”.
CARLOS NEGREIRA, O MELLOR CABEZA DE LISTA
Feijóo tamén tivo palabras de recoñecemento para o cabeza de lista do PPdeG pola Coruña, Carlos Negreira. “Non podía haber mellor número 1 para a provincia”, subliñou o presidente do PPdeG de Carlos Negreira, do que valorou tres virtudes: a súa traxectoria como xestor, as garantías que ofrece en termos electorais; e as propias cualidades persoais do